Riwan o el camino de arena de Ken Bugul

Riwan o El Camino de Arena de Ken Bugul

Hoxe, algo de literatura!

Achegarme ó oeste de África a través da súa literatura forma parte dos meus propósitos deste 2018. A verdade é que a primeira escolla foi perfecta: Riwan ou o camiño de area (non o hai traducido ó galego, daquela o título que lin é Riwan o el camino de arena) de Ken Bugul.

Ken Bugul (Mariétou Biléoma Mbaye) é unha muller senegalesa que estudou en europa e regresou a senegal como muller, negra e cunha gran crise de identidade.

Neste libro, Ken Bugul relata as súas vivencias ó voltar a Senegal tras a súa longa estadía en Europa. Vive a poligamia como vixésimo oitava esposa dun morabito (Seriñe como aparece no libro). Vive esta poligamia tras as súas vivencias amorosas europeas. Vive a poligamia dende un feminismo xenuíno; e disfrútaa anque non todo sexa de cor de rosa.

A miña primeira visión sobre o oeste de África foi romántica. Daquela pensaba que as mulleres que compartían marido vivían felices. Xa cando viaxei e tras escoitar algún testimonio souben que celos, regueifas, envexas e odio abundan entre as co-casadas; e que a miúdo o home non cumpre cos seus deberes: aportar diñeiro abondo para sustentar a tódalas mulleres con tódolxs fillxs.

Ken Bugul faime virar a cabeza 180º e así reconsiderar e repensar esta situación.

Ken Bugul ten un estilo moi particular, introduce algo de fábula pero pode ser directa e explícita. Paréceme que gracias a que viviu en Europa, nos permite ás europeas entender mellor a cosmovisión africano-senegalesa.

Fóra do tema principal, apréndense detalles da sociedade rural senegalesa que para min son pinceladas de luz sobre moitos enigmas que teño na cabeza! E tamén aparece algo sobre a danza, un detalliño nada máis que prefiro non desvelarche.

Espero ler moitas máis mulleres (e homes tamén) africanas, aprender e seguir transmitindo!

Actualmente, según me dixeron na tenda Yarama África (na que venden libros de autores africanos) non é posible conseguir este libro e a verdade é que eu non o atopo por internet. Si vives na Coruña ou cerca estás de sorte, atoparás Riwan o el camino de arena na biblioteca da Sagrada Familia.

Si coñeces outros títulos e autorxs, encantaríanme as túas recomendacións!