Que é a Danza Malinké, Que es la Danza Malinké

Que é a Danza Malinké?

Hoxe vou abordar unha cuestión fundamental para o blog.

Que é a Danza Malinke?

Pero ademais, hai un estreno de novo formato! En Podcast.

Creo (e digo creo porque non me gusta desdecirme, pero é case seguro) que a partir de agora, a non ser que che ensine movementos, utilizarei gravacións de voz en lugar de vídeos. A min resúltame máis cómodo e rápido de facer e por outro lado, como consumidora, estou disfrutando moito de escoitar podcast de temáticas variadas.

Na miña cotidianidade, teño moitos máis momentos para escoitar audios que para ver vídeos, así que creo que é máis acertado.

Espero que che guste!

Aquí podes escoitar o Podcast: Que é a Danza Malinké 😉

Xa che teño contado de forma indirecta o que é a Danza Malinké, por comparación (vs. Danza de Benin ou vs. Danza Africana). Así que quizais xa o teñas clarísimo si me sigues dende hai un tempo.

Con todo, creo que é necesario que na web apareza este post. De feito me parece raro que inda non o teña escrito.

Cando comecei esta andadura, chamaba a esta danza de “Danza Africana”. Descoñecía outras danzas do continente e era unha forma fácil de entendernos entre as que practicabamos. Pero xa sabes que esto é unha simplificación, que como todas as simplificacións é insatisfactoria.

Xa cun pouco máis de consciencia, dimos en chamarlle (falo en plural porque foi con Galinké) “Danza da Costa Oeste Africana”. Inda a día de hoxe teño colegas que seguen a usar toda a fraseciña. Tampouco me encanta. Hai países que entran dentro da rexión que non teñen mar, como Burkina Faso.

Escoitei un día “Danza do Oeste de África”: máis sinxelo e máis acertado. Porén tampouco me convenceu ó 100%. Dicir oeste de África é vago.

Podemos dividir o continente entre norte, sur, leste, oeste e centro; pero estas fronteiras van ser diferentes na cabeza de cada persoa. Non son rexións “oficiais”, fixas.

Si tes certos coñecementos sobre o continente, podes darlle certo sentido. Por exemplo, o norte de África ten un clima seco e por eso esta rexión, a ollos da bioclimatoloxía ten unha coherencia, un sentido. Si pensamos que as condicións climáticas influencian nos modos de vida dos pobos; ou sexa, na cultura, poderiamos imaxinar que houbera certa cohesión cultural.

Con todo, estas rexións (norte, sur, leste, oeste e centro) deben albergar tanta variedade natural (ríos, montañas, fauna, flora) que non é acertado pensar na uniformidade cultural.

Daquela, ¿que danza practico? ¿Que danza ensino?

Historia, precisamos coñecer a historia.

O punto de partida para que unha persoa comprenda unha parte da variedade das linguas que hai en Europa, é coñecer a historia do Imperio Romano, non si? Este imperio, alén do latín, troixo a súa cultura ao territorio que estivo baixo a súa influencia; cohesionándoo. O equivalente que nos concierne é o Imperio Malinké.

Arredor do século XIII e con Sundiata Keita como personaxe principal (algún día che relatarei a lenda de Sundiata que é moi chula) extendeuse dende o que hoxe é Mali cara a costa occidental africana, o Imperio Malinké.

Ca extensión do Imperio tamén se extendeu a cultura do djembe e as danzas asociadas a este.

Así que, a rexión que estivo baixo a influencia do Imperio Malinké é onde eu podo atopar as danzas e ritmos que practico, coñezo e ensino. Máis ben, as etnias que estiveron baixo a influencia Malinké, levaron consigo a cultura do djembe porque unha vez que o Imperio decaeu, éstas continuaron a moverse polo territorio.

Actualmente, podemos atopar a Danza Malinké en Burkina Faso, Mali, Guinea Conakri, Guinea Bissau, Gambia ou Costa de Marfil.

Estas son algunhas das etnias que podes atopar tocando djembes e bailando danzas que coñezo: Susu, Peul, Djola, Mandinga, Bambara, etc.

Cada etnia aporta a súa propia cultura, as súas costumes, linguas, estándares de beleza, etc. Así que, non vaias a pensar que é un territorio superhomoxéneo. Acaso en Europa falamos unha única lingua derivada do latín? Do latín evolucionaron moitos idiomas diferentes. Dos ritmos de djembes, evolucionaron outros ritmos e danzas propias en cada rexión e para cada etnia.

Ufff, recoñezo que para min é lioso… Esto precisa dunha síntese:

Danza Malinké é a danza tradicional que practican os pobos que estiveron baixo a influencia do Imperio Malinké.

Aclaracións:

Ós pobos que estiveron baixo a influencia do Imperio Malinké, tamén se lles chaman pobos Mande.

Na wikipedia malinke, mande, mandinga e mandinka é o mesmo. Para min non o é. Por un lado, malinke e mande sí son o mesmo. Por outro lado mandinga e mandinka tamén. Pero entre elas hai diferencias.

Os bambara, son os mandingas de Mali.

E si sigo tentando entender, non fago máis que liarme así que mellor deixalo aquí.

Quédate con esto: Danza Malinké é a danza tradicional dos pobos Mande, dos que estiveron baixo a influencia do Imperio Malinké.

Si tes coñecementos máis profundos e podes aportar luz, por favor, non deixes de escribirme, comentar e recomendarme lecturas. Estarei super agradecida de botar luz en todo esto. E é que non é fácil atopar a información.

Por un lado, estes pobos foron de tradición oral, polo que hai poucos escritos deles sobre a súa historia. Por outro lado os estudos antropolóxicos non teñen o foco na danza, así que non se intenta comprender dende este ángulo.

Xa me despido! Que teñas unha feliz semana!!