Por que a danza nutre teu cerebro

Por que unha clase de danza nutre teu cerebro?

Ola!

Creo que se nota algo que estiven lendo sobre aspectos que tiñan que ver ca saúde do cerebro e claro, inevitablemente lévoo ó entorno da danza e inevitablemente tamén, cando descubro algo fascinante quero compartilo contigo.

A semana pasada foi sobre mindfulness e unha práctica que facemos nas aulas. Esta semana vai sobre “a dieta ideal para un cerebro sano”.

É unha dieta sen alimentos, non van por ahí os tiros.

Dous doutores, David Rock e Daniel Siegel, deseñaron unha “dieta” mental equilibrada baseada en actividades e non en nutrintes. Son 7 actividades que  facilitan que o noso cerebro funcione mellor e estea máis san.

A miña sorpresa foi que dos sete que hai, cinco traballámolos nas aulas de danza malinké!

Veña, pregúntate que actividades son, antes de que chas conte eu!

(Podes escoitarme se prefires, aquí embaixo tes o podcast)

Ingredientes para un cerebro san

1. Durmir 😴

É obvio e coñecido. Non fai falla que ninguén nos diga que si non durmimos ben, non funcionamos ben. Tamén é certo que non lle concedemos ó sono a importancia que ten, pero esto é outra historia.

Esta é unha das actividades que NON facemos durante unha clase de danza malinké. Sen embargo, axuda a conciliar o sono gracias á actividade física e ó relaxamento finais.

2. Pasmar 😎

Adicar tempo a non facer nada. Esta é a outra actividade que NON facemos durante unha clase de Danza Malinké.

Recoñezo que esta actividade é a máis carente na miña vida, pero dende que son consciente de que lle fai falla á miña mente, dende que sei que é necesaria para que se integren saludablemente as informacións que recibo no día, estou procurando non rechear tódolos “ocos” que van aparecendo.

3. Exercicio físico 🤸‍♀️

Este SI que o conseguimos en cada sesión de danza, así que minipunto para as bailadoras e bailadores!

4. Xogar 🤹‍♀️

Hai clases nas que introduzo momentos de xogo. Ademais xa segundo como sexas ti, podes enfocar a aprendizaxe coma se fose un xogo ou unha investigación, ou bailar “xogando” retándote a ti mesma ou con guiños cos músicos e cas compis.

Así que neste campo, ese minipunto pode aparecer sempre que eu introduza algunha dinámica de xogo, pero depende de ti tamén.

5. Socializar 👨‍❤️‍💋‍👨 👩‍❤️‍💋‍👩 💑

Este punto tamén o anotamos! Alén de que a danza sexa grupal e de que teñamos música en directo (o que implica a persoas), o ambiente que hai nas aulas é moi bo, son grupos moi acolledores onde todas temos o noso espazo e creo que podemos expresarnos sen constricións.

Eu sinto que son entornos seguros, onde hai espazo para as informalidades e as espontaneidades.

Cóntoche unha anécdota: nun curso que eu recibía, unha alumna botoulle un peido na cara a outra alumna 💨 😵. Formaba parte dun exercicio, non foi por guarrear ou por ser incapaz de reterse. Había que causar asco e a alumna tiña esa facilidade a favor 😆. Foron moitas risas!

En fin, que é un entorno cercano, seguro, onde podes socializar dende a túa autenticidade.

6. Focalizar 🕵️‍♀️

Para que o entendas ben, este focalizar é o oposto á multitarefa. Nunha clase de danza, tes que estar ó que tes que estar, deixando de lado todo o demais.

Precisas da túa concentración e foco para levar a cabo tódolos movementos, para sentir a música e responder á chamada, para non deixar atrás ás compis da túa “familia”, para recordar o movemento que virá a continuación…

Así que nunha aula de danza traballamos o foco e a concentración. E que ben senta durante unha hora e media esquecerse do feis, instagram, e de todo o que tiña que estar feito onte! 🙂

7. Introspección 🧘

Isto foi do que che falei a semana pasada. Temos o noso ratiño de levar a atención a nós mesmas ó final de cada estiramento, así que este tanto tamén queda no teu marcador si estás vindo a clase ou realizas calquera outra práctica que conleve este ratiño. Eu téñoo tamén nas miñas clases de ioga.

··  ··  ··  ··  ··  ··  ··

Fascinante non? Pouco máis que, de todo o que é saudable para o cerebro, case só nos falta pasmar e durmir; e axuda a ambas!

Cando comecei a bailar e a ser profe, non sabía o tanto que iría recibir, inda que é certo que sen razoalo, xa o estaba recibindo porque saber, en seguida souben o ben que me sentaba bailar!

Cóntoche isto para que che entren ganas de bailar, pero tamén para que teñas este coñecemento e si ves que falta algo desto na túa vida, que mires a forma de atraelo hacia ti.

Déixoche aquí un vídeo de Dan Siegel onde explica este menú, pero está en inglés e só hai subtítulos en inglés.

Comparte esta info si cres que lle pode interesar a alguén! Estereiche moi agradecida por axudarme a que a comunidade vaia medrando.

Ata a semana!

P. D. En abril comezamos trimestre novo! Será en formato ONLINE, o que implica varios cambios entre outros, os prezos.

Aquí podes inscribirte ou ler a info que precisas.

Recíbeme no teu inbox! Tan só preciso o teu mail que me podes deixar na TanTanLetter 

Próximas ocasións para bailar:

  • En abril comezamos trimestre novo, en formato novo porque será ONLINE. Hai cambios, si. A info que precisas atoparala no formulario de inscrición. Aquí podes facer a túa inscrición.
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.