
Vaite a paseo e despois… Alonguemos!
Hoxe antes que nada quero mandarte a paseo!
Un paseo relaxante, deses nos que non tes que pensar en nada. Un paseo por un lugar tranquilo con árbores, paxariños, un río, as flores primaverais…
Un paseo para refrescar a cabeza e moverte un chisco.
Así que deixa esta pantalla e non continúes lendo.
Pero á volta do teu paseo, lémbrate de min e deste vídeo porque hoxe ensínoche unha rutina de alongamento que gravei, xustamente despois de dar un paseo 😉
Porque a min, este tipo de exercicios pídemos o corpo. Consigo osixenar ben a musculatura e recolocarme si é que por causa do paseo, por exemplo a columna vertebral se me encolleu un pouco.
Non son alongamentos complexos nin moi intensos. É cuestión de poder tirarse no chan.
Faime caso, primeiro un paseo e logo un alongamento/relaxamento.
Que teñas boa semana!!
Ah, por si non te enteraras… Tes ganas de bailar? O sábado 11 de maio estaremos en Danzalia Mundi, Coruña, de 17h a 20h.
Tes ata o 3 de maio para inscribirte e as prazas son limitadas.
Deja tu comentario