
Atréveste cun movemento algo complexo?
Ola, como estás?
Quería ensinarche un movemento que imos aprender neste primeiro trimestre nas Aulas Regulares de Danza Malinké, curso 19_20.
Este é un movemento que xa hai tempo que tiña ganas de traer a clase. É un movemento que aparece en distintos ritmos, non é exclusivo de Kassa. Ten bastantes variacións, pero así como lle colles a trécola, incorporar as variacións non é difícil.
Pero si, ten trécola.
Esto que quere dicir? Pois que é un movemento sobre o que precisarás volver e volver e volver, para acabar collendo ben as inercias e sentilo ben.
É asequible, coma todos. Simplemente hai movementos que nos saen á primeira e case sen pensar e hai outros que precisan máis traballo. É cuestión de cuanto de cercano é este movemento á túa linguaxe corporal.
É un movemento algo complexo pero moi vistoso e con moita enerxía.
Hoxe si que vas precisar algo de espacio, porque nos desplazamos lateralmente bastante e máis os brazos tamén teñen bastante rango de movemento.
Así que vamos! Ensínocho capa a capa, para que poidas comprender a mecánica. Logo, necesitarás repetilo un cento para integralo e a percu en directo para subir a enerxía (vente a clase ;)).
P. D. Si queres vir a clase, xa sabes, hoxe é o último día para anotarte.
Imos comezar co ritmo Kassa, que posúe movementos sinxelos como os que che ensinei neste vídeo (Queres aprender tres movementos do ritmo Kassa?) e algún outro máis complexo como o que che ensinei hoxe.
O propósito do primeiro trimestre é que nos vaiamos quitando a ferruxe do verán e poñendo o corpo a tono. Que lle collas gusto ó baile e que vexas como en tres meses estarás bailando con control, consciencia e enerxía.
Espero verte!!
P. D. 2 Non dubides en compartir esta info cxs túas amizades si cres que a alguén lle pode interesar. Ambas estaremos moi agradecidas!
Deja tu comentario