Mostra da Escola de Danza Malinké Tania Veiga no Galinké Folí 2019

Queres ver a mostra de Danza Malinké no Galinké Folí 2019?

Hoxe, con toda a miña ilusión e un gran sentemento de orgullo polas alumnas, quero ensinarche a mostra de danza do Galinké Folí 2019.

Neste vídeo verás ó grupo de Carballo que bailan a primeira córeo co ritmo Sinté. Este é un grupo de primeiro ano e verás alumnas con nove meses de experiencia, 6 meses ou tan só tres meses. A córeo é o resultado do último trimestre 😉

A continuación comeza a actuación dos demáis grupos que están mesturados (Bertamiráns e os dous de Compos). Desta vez verás tres pezas unidas entre si, así que non hai parón. Bailan Mendiani – Soko – Guidamba.

Tanto Sinté coma Mendiani e Soko, podemos encadralas dentro do “tradicional” Malinké, pero Guidamba xa ten moito de creación contemporánea (actual), xa verás ;).

Este ano, decidín incorporar no terceiro trimestre exercicios de creación e improvisación, porque entendo que son unha parte fundamental na formación dun/dunha bailarín/a. Pero o certo é que non estou moi segura de volver a repetir o próximo curso (a ver que me din as alumnas ;)).

Eu sei que os exercicios nos teñen aportado moito, pero é certo que este tipo de dinámicas se agradecen unha vez que pasas unha primeira etapa no camiño da danza e quizais sexa cedo para a maioría das persoas.

Si penso no meu propio camiño, non tería disfrutado estes exercicios si apareceran antes dos meus primeiros 5 anos de formación. Apareceron recentemente e o certo é que agora si que os disfruto moito.

Eu estou moi contenta co resultado, porque alén de ir aprendendo os movementos, de ver unha evolución en control corporal, coordinación, sentido do ritmo… vexo crecementos persoais moito máis importantes. Tamén me encontro refeliz ó ver a complicidade que se xenera entre o alumnado.

Vamos, que a mostra non é realmente tooooodo o que fixemos durante o curso, se non que é unicamente toooooooodo o que preparamos para a mostra de danza malinké no Galinké Folí 2019.

E xa como colofón final, pois todo o cariño que recibín, especialmente durante o Galinké Folí. Así da gusto ser profe!!!

Ca A. C. Galinké crecemos por dentro, crecemos por fóra e creamos familia. Chapó!

Aquí podes ver a mostra

P. D. Sabes que estou construíndo a lista de aviso preferente para as Aulas Regulares? Podes anotarte aquí

Así enteraraste de cando abra o prazo de pre-inscricións, uns días antes que as persoas que están nas RRSS. Os grupos teñen límite de prazas e xa o ano pasado, houbo dous grupos que se completaron, así que si están pensando en vir bailar, anótate!