
Kizomba, a danza máis sexy
O (ou a) Kizomba é un xénero de danza e música angolana, que naceu nos anos 60 – 70, como evolución do Semba e con influencias dunha gran variedade de xéneros musicais e incluso da tradición angolana e congoleña.
Explícoche algo do Semba, que ó ter moito en común co Kizomba, xa cha estou achegando:
O Semba é unha danza de salón dos anos 50. Báilase en parella, sendo o home o que dirixe á muller, pero esta ten bastante liberdade e a idea é que si el é bo bailarín, quen se lucirá será ela.
O Semba é xoguetón e permite moita creatividade, que vai sempre da man da música.
A música que acompaña é melódica, cunha cadencia na percusión característica o cha chacha cha (un pouco máis adiante tes o podcast para que entendas esto ;)). Os intrumentos que acompañan son instrumentos que eran populares naquel momento, con batería, ventos, instrumentos de corda tipo guitarra e ata me parece escoitar un acordeón nalgunhas cancións.
As letras falan do sometemento durante o colonialismo e a difícil situación de Angola durante o post-colonialismo, denunciando xa daquela os problemas que sofrían os migrantes.
Ata aquí sobre o Semba. Si queres podes escoitarme para ver que é esto da Kizomba e porqué eu creo que non é unha danza sexy.
O Kizomba evoluciona dende o Semba nos anos 60 – 70.
Aos meus oídos, o Kizomba é un Semba máis lento.
Aos meus ollos, o Kizomba é moito máis íntimo e elegante. Os mesmos músicos angolanos, aqueles que comezaron ca Kizomba din bailar Kizomba é facer debuxos no chan cos pes.
Debido aos movementos de cadeira, o Kizomba é visto como un baile sexual. Máis en orixe é un baile sensual, no que se pode ver a través da danza, a alma dos bailarín, é un baile moi sentido. Hai unha gran intimidade, pero non é sexual. Para que me entendas, tanto o Semba como o Kizomba, si foras angolana, poderías bailalos co teu irmán. É habitual ver parellas de homes ou mulleres bailando Kizomba.
Son os ollos dos Europeos, que ven nun movemento de cadeira o falar dunha muller que pide sexo. Imaxina como pode ser o cambio para uns paisanos que o baile agarrado, o de ligoteo era por exemplo, un pasodoble ;)))
Recórdame moito (con tódalas grandes diferencias) ó forró que coñecín cando estiven en Brasil. Puiden bailar forró rabecado (distinto de aquel forró comercial, de discoteca), que é un baile tamén moi íntimo, onde as pernas de ambos bailaríns se entrelazan e hai un gran “balanso” de cadeira.
Dende fóra aquelo vese como un baile previo para logo marchar por aí, pero non é así. Eu bailaba con amigos que tiñan as súas mozas tamén bailando con outros compis. Era divertido, máis que sexual.
Dende logo, ter unha parella tan perto de ti, da pé a que poida acontecer algo máis, pero aceptar un baile non é dar pé a nada.
É inevitable que por máis que estudiemos con respecto, a nosa idiosincrasia non nos xogue malas pasadas. O noso sentir, as nosas ideas, a cultura, etc, son diferentes. Por esto é moi difícil poñerse na pel. Eu procuro poñerme na pel, pero é… imposible ó 100%.
Ademais, o sexy véndese só. Extendeuse axiña o Kizomba con esta visión sexy, alimentada por tantos e tantos bailaríns, que non afondaron demasiado nas orixes e que buscan a popularidade, as reproducións e os likes nos vídeos de Youtube.
Tal é a situación que para eu preparar este post, tiven que rebuscar moito para atopar os vídeos e as entradas de blogs que non falaran do baile máis sexy de áfrica ou frases polo estilo.
Outro dos erros habituais ó falar de Kizomba é que parece un baile sinxelo, simple, que se baila como nada.
Pois non é certo. Hai técnica na Kizomba (e gracias a esto, calquera pode aprender) e as combinacións de movementos son infinitas, pois é a propia arte dos bailaríns facer as súas propias creacións.
Máis aló desta perspectiva técnica, a amplitude de movementos reflexa un sentir. O xeito de bailala será distinta según o teu estado de ánimo, según como sexa a túa parella, a conexión que teñas con ela. Por exemplo, podes bailar máis perto ou conservar maior distancia entre ambos; sempre con idea de respetarse, sentirse cómodos e disfrutar dese momento.
E non sei para ti, pero para min bailar en parella, tanto guiando como sendo levada, de forma totalmente improvisada e deixando que a túa emoción forme parte; ou sexa, fluindo… Non me parece a cousa máis doada do universo.
Un bo lider debe ser capaz de facer entender seus movementos e levar con gracia á súa parella.
Un bo “seguidor” é capaz de adaptarse ós diferentes estilos. Fácil?
Podes ver ó que me refiro neste vídeo, inda que en teoría, é de Semba.
Aquí podes ver unha parella bailando Kizomba
Pois nada, espero que con este post vaias aumentando o teu saber sobre a variedade de danzas que podemos atopar en África, sobre as grandes diferencias entre etnias, países, tradicional e moderno… Espero así mesmo, que gañes certa sensibilidade para discernir a palla do grao, o comercial do auténtico.
Que te quites tamén a carga da hipersexualización coa que vemos ós africanos.
Que teñas unha feliz semana. Abur e gracias por estar aquí!
Próximos cursos
- 16 de novembro de 11h a 14h en Danzalia Mundi (A Coruña). Inscricións ata o 8 de novembro. Aquí podes inscribirte e atopar a información que precisas.
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí
Deja tu comentario