Sabes que si sabes improvisar en danza, sabes adaptarte mellor?

Si sabes improvisar en danza, sabes adaptarte mellor

Casi sempre me quedo corta cada vez que penso nas destrezas que aporta a danza. Menos mal que o marco se vai ampliando conforme vou aprendendo máis, bailando máis ou lendo máis.

O que che conto hoxe está inspirado nunhas páxinas do libro La danse africaine c’est la vie de Alphonse Tierou.

Volvín a sorprenderme con Alphonse, desta vez lendo sobre improvisar en danza.

El explica que é común nos pobos africanos que as danzas sexan improvisadas. Existe unha base que o bailarín/a debe saber pero non é ríxida senón que está permitido improvisar e en realidade esto é o que se busca.

Cada bailarín/a varía eses movementos de base segúndo o seu estado anímico, segundo o significado da xornada, segundo a súa apetencia. De feito, o bailarín/a, vai ter sempre a tendencia a sorprender ó público que o está a observar e así a buscar movementos novos.

O que eu vin no oeste de África, correspóndese co que teoriza Tierou:

En cada festa faise unha roda onde está o público-bailaríns e músicos. Os bailaríns, entran na roda de cada vez e improvisan xogando ca percusión. Cada vez que entran cambian os movementos e tentan sempre sorprender.

(Si queres escoitalo en Podcast, embaixo tes a gravación)

Teranse que valer dos movementos que coñecen e que valen para ese ritmo, pero sobre eles combinalos ou varialos.

A capacidade de improvicación se torna unha destreza e ponse en valor. Foméntase dende xa cativos.

Ata aquí si ven había información que quizais non tiña procesado desta forma, a sorpresa non é tanta.

A sorpresa ven polo seguinte:

Que repercusións ten a capacidade da improvisación na sociedade?

Para Alphonse esto está directamente relacionado ca adaptación a distintos contextos e ca búsqueda de solucións ante problemas e circunstancias actuais.

A capacidade de improvisar (que che aporta a danza), supón que co que xa sabes poidas crear solucións novas.

Si traemos esto á nosa vida cotiá, nos permitirá por exemplo poder cociñar platos diferentes cos mesmos ingredientes básicos, ou resolver problemas no teu traballo, ou intentar que xs teus cativxs consigan facer algo por si solos e ter a capacidade de motivalos.

Xa esta reflexión me parece moi chula, pero é que inda vai máis lonxe.

Alphonse fala de que é un aspecto de elevación intelectual comprender que hai certas normas que son necesarias para vivir en sociedade, pero para as persoas que son máis intelixentes queda a capacidade de poder romper estar normas a favor da sociedade ou do individuo.

No pasado, valorávanse positivamente aqueles guerreiros que non acataban os mandatos dos reis, que nalgún momento se rebelaban e axustaban estas normas a este contexto.

Ou sexa, que se valoran as persoas que son indisciplinadas, que non se toman as normas ó pé da letra. Sabendo tamén que é normal que con esta actitude se toman riscos e ás veces se cometen erros, pero que é o xeito que teñen as sociedades de evolucionar e mellorar.

Esta si que foi o guaguuuuuu, nunca pensara na trascendencia que pode ter a danza (ou as artes xa que a improvisación acontece tamén nos cantos e na música) na construción dunha sociedade.

Con esto en mente, podo comprender mellor aspectos que vivín no oeste de África. Aquel caos aparente onde hai un sistema que funciona. As bases deste sistema están escondidas para min, son esas normas non escritas que coñeces cando formas parte da cultura, pero ó menos podo intuír.

E será que podemos relacionar a nosa dificultade na improvisación ca nosa personalidade?

A miña é a seguinte:

Son unha persoa que consegue disfrutar moito cando, neste caso, falando de danza, os movementos están pautados. Disfruto moito sendo alumna e que me “digan” os movementos que teño que facer.

Por outro lado, cando se trata de soltar o corpo e facer o que veña en gana, tampouco teño problema.

Pero improvisar no formato da “roda”, con movementos de base que debo traer sen preparar ou modificar… puffff esto cústame moitísimo!! Teño bastante bloqueo, pero estouno traballando eh. Gracias a profes marabillosas que dende o cariño me van permitindo saírme do meu e errar sin cargarme…

Traspasado ó cotiá, gústame ter certas rutinas e certo orde na miña casa. Planificarme no meu traballo me da un gran alivio. Pero á par, preciso de ter ratos nos que non sei o que vou facer, ou viaxes nas que non sei por onde vou ir.

Sen embargo, cando teño un plan e se introduce un elemento co que non contaba, diormío… canta resistencia teño a adaptarme… E este. Para min, é o paralelismo ca roda (ter unha base e modificala…).

Que che parece? Tiñas feito estas conexións danza-sociedade improvisación – adaptabilidade?

Como se che da a ti improvisar? Tes un carácter máis afín ao pautado ou á improvisación. Coincide esto con como te organizas na túa vida? Si che gusta telo todo controlado ou si te deixas moldear fácilmente?

Estarei encantada de lerte!!!

P. D  Psssstttt Que quizais estás pensando que carallo regalar este Nadal? 😉 Quizais non che gustaría regalar un produto feito en condicións de esclavitude, que bote plásticos e contaminantes ó mar e que non cause un baleiro tras o primeiro uso… Difícil eh?

Pois lembra que podes regalar Danza Malinké. Non usamos plásticos nin derivados petroquímicos, non traballamos en condicións de escravitude, estarás dando a coñecer África dende unha óptica construtiva, estarás regalando benestar, calma, equilibrio mental e si ti tamén eres alumna, estarás a regalar un tempo compartido!

Si queres regalar danza, escríbeme a info@danzataniaveiga.com para que che prepare un bono regalo ou si non o precisas, fai a inscrición directamente!

Próximas ocasións para bailar:

En xaneiro comezamos trimestre novo! O que significa que te podes incorporar ás aulas (ou si xa ves e queres continuar, non esquezas dicirmo en clase) ou vir probar nas xornadas de portas abertas.

Solicita praza antes do 31 de decembro (podes regalar Danza Malinké no Nadal ;))

Non sabes canto che agradezo que me axudes a difundir esta información! Boca-orella, emails, RRSS…

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.