Habemus ConVIVE Con ÁFRICA!
O 22 e 23 de setembro en Santiago de Compostela, habemus fin de semana de convivencia arredor do oeste de África, con-percu, con-danza, con-xantar!
En setembro do pasado 2017 organizamos unha xornada na que moitas persoas gozaron da percusión, da danza e da comida senegalesa. Como non iamos repetir no 2018???
A finde do 22 e 23 de setembro, queremos volver a achegarche o oeste africano, cos cinco sentidos: gusto e olfacto para o xantar; ouvido e tacto para a percusión; vista para a danza!
Esta xornada está concibida como un espazo para o reencontro, a convivencia e a aprendizaxe arredor do oeste de África.
O reencontro despois do verán entre as persoas que orbitamos arredor deste entorno; unha forma de comezar a aterrar paseniño e agradablemente do verán e ir preparándonos para un novo curso, un novo outono.
Queremos que esta sexa un espazo para poder compartir, conversar e coñecerse e aquí é onde o xantar é fundamental! Porque mentres bailamos ou percutimos, comunicámonos si, pero conversar é máis difícil!
Ven a compartirte con nós, ven gozar dunha fin de semana en boa compaña, ven aprender sobre o oeste de África!
Podes ter o xantar de balde si te inscribes na lista de aviso preferente (aberta ata o 2 de setembro). Por formar parte desta lista, recibirás un aviso antes de que se abran as inscricións para non quedar sen praza, recibirás a info completa (prezos incluídos) e máis terás a comida de balde. Embaixo tedes o cajetín
Atoparás toda a info en ConVive Con África
Ven a compartirte con nós!! Axúdanos a que medre a familia, comparte este post!
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario