
Galinké Folí 2019! Imos de festa!
No Galinké Folí sempre se cheira un ambiente estupendo, familiar, cheo de ilusión e ganas de dar a coñecer unha parte da cultura que podemos atopar no continente africano ou con raíces nel.
Anota a data e reserva o día, porque a programación é superinteresante!
Cando acontece o Galinké Folí?
O sábado 15 de xuño, dende as 11h e ata que o corpo aguante!
Onde?
En Santiago de Compostela, no CSC Agustín Bueno (Castiñeiriño).
De que gozarás?
Poderás ver unha mostra do tanto traballamos nestes 9 meses de clases regulares, non só de danza senón que tamén de percusión.
Gozarás da música con raíces africanas cos concertos de:
Perfusión, música e danza afrogalegas (formo parte, así que me toca actuar!)
Celia & Papis, senegaliza
Macheta, afrobeat delgüeno.
Si queres aprender, xenial porque no Galinké Folí haberá:
Obradoiro de Percusión Malinké con Papis, para tódolos niveis.
Obradoiro de Danza Malinké con lamendalerenda 😉
Tranqui, non fai falla que te preocupes por nutrirte ese día: o xantar será caboverdiano!
Tódolas actividades, salvo o obradoiro de percusión que custa 10€, son de balde! E os prezos da barra e da comida, populares.
Así que hoxe o que quero deixarche é este convite! Encantaríame verte por alí!
É unha festa ideal para toda a familia!
Achégate e participa!
Si inda non coñeces a danza malinké, aproveita o obradoiro de danza que haberá pola tarde.
Tes toda a información aquí, no Facebook de Galinké. Si non coñecías Galinké, podes aproveitar para facerte amiga e seguir o seu Facebook.
Espero verte!
P. D. Antes de despedirme, só quería dicirche que estou construíndo a lista de interesadxs nas aulas regulares. Anótate na lista, inda que a túa situación poida cambiar de aquí a outubro, inda que non saibas onde e como vas estar nesa altura do ano. Anótate si o corazón e o corpo che piden bailar. Logo xa se verá o que che marca a vida.
Deja tu comentario