Exercicio de Danza Descifra o Enigma

Exercicio de Danza: Descifra o Enigma 🤔

Ola!

Levaba bastante tempo sen poñerte a darlle ó córpo e á cabeza, polo menos neste blog (porque realmente sí puideches bailar cas Masterclass Gratuítas en Streaming ou cas Aulas Regulares Online).

Gústanche os retos?

Gústache descifrar enigmas?

Hoxe tráioche un pequeno reto (ollo, non é nada que teñas que reenviar, non é un mail en cadea, nin nada que remates en 21 días…).

En clase, gústame de vez en cando levar algún movemento-frase que non explico e deixar que as alumnas o descifren. Non é unha idea orixinal miña; foi un exercicio que eu recibín nunha formación (inda que o movemento era diferente) e que como me gustou, pois xa sabes, gardeino na manga para compartilo contigo e cas alumnas.

O exercicio é curtiño e si che resulta difícil é porque é algo así como un pequeno trabalinguas en movemento. Un pouco difícil explicarcho con palabras.

O que pretendo de ti son dúas cousas:

Por un lado que fagas o exercicio, claro. Quero dicir que te movas, que non te quedes sentada tentando descifrar o movemento. Quero que o leves ó teu corpo.

E por outro lado que compartas unha palabra que che veña á mente; unha palabra que lle dirías a alguén para falarlle do exercicio sen explicarllo. Poden ser dúas palabras, pero non unha frase descriptiva. Espero estar explicándome 🙂

Podes poñer esta palabra nos teus comentarios ou mandarma por mail a info@danzataniaveiga.com

Créalo ou non, este exericio forma parte dos exercicios extra que lles comparto ás alumnas das aulas regulares online. Para elas (e para ti tamén, claro), ademais do enigma están traballando a técnica e un xiro que necesitamos para a córeo que estamos montando do Sobonikum!

Aquí atoparás o exercicio:

Pois nada máis, despídome ata a próxima semana.

P. D. Si coñeces a quen poida interesarlle o contido que comparto que maiormente está relacionado con África e ca Danza, invítaos a formar parte da comunidade de persoas que reciben a TanTanLetter no seu inbox.

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.