Que tal a túa coordinación entre brazos e pernas?
Cando comecei, tamén era unha pata mareada
Que diferencia hai entre quen tropeza cos seus mesmos pés e entre quen sempre esquiva as caídas e sae ilesx?
Creo que hai unha parte de despiste e outra de axilidade.
Que nos fai máis ou menos áxiles? Nacemos torpes e quedamos torpes para toda a vida?
Creo que non. Si non, observa a persoas que ti considerarías “torpes” facendo algún traballo que teñan machacado: xs peixeirxs limpado o peixe, xs labregos ca gadaña, xs cociñeiros cortando cebola…
Cuestión de práctica, non?
A danza tradicional do oeste de África nos permite mellorar moito a nosa coordinación e control corporais, polo que nos volvemos menos torpes. Cuestión de práctica claro. Así que hoxe tráioche un exercicio para que poidas mellorar a túa coordinación brazos – pernas.
Si te consideras unha persoa con boa coordinación, valerache tamén para moverte un pouco e incluso, gracias á túa creatividade, deseñar o teu propio exercicio algo máis complexo.
Reenvíalle este post a quen creas que o necesita!
Si queres formar parte da comunidade de revitalizadxs gracias á danza africana, podes anotarte na lista de aviso preferente. As persoas que estades nesta lista seredes avisadas uns días antes de que abra o prazo de inscricións, polo que tedes máis doado ter praza! Ademais enviareivos os detalles do curso e os cambios si é que os hai.
Espero que o disfrutes!
Deja tu comentario