
Queres comezar o curso con nós? Descobre gratis os primeiros pasos de Mendiani
Hoxe ensínoche os primeiros pasos de Mendiani. É que eu xa estou con ganas de bailar e de facerte bailar, porque señoritas e señoritos,… comeza o curso!
E como non quería que ti, si non podes vir a clase, quedes sin bailar, aquí tes, en primicia e gratuítamente, os primeiros pasos do Mendiani que aprenderemos neste primeiro mes de curso!
Si o que che pide o corpo é moverte, pero ca música en directo de verdade e comigo, tes dúas posibilidades:
1: Inda estás a tempo de vir a clase porque quedan prazas no grupo 2 (mércores de 12:00 a 13:30h, en SANTIAGO, anótate), no grupo 3 (mércores de 20:30h a 22h en CARBALLO, anótate) e no grupo 4 (xoves de 20:15h a 21:45h, BERTAMIRÁNS; anótate!) e inda que perdeches a primeira clase, que para min é importante, non vas estar perdida si te incorporas unha semana máis tarde.
2. Si non che cadran ben os horarios, o sábado 20 de outubro, estaremos en Can Cun Quinqué, Santiago de Compostela, en horario de 11h a 14h, con percusión en directo, claro. O prezo, 40€.
O prazo de reservas finaliza o xoves 11 de outubro. Escríbeme agora para reservar! ou ollea máis información aquí.
E nada, veña, a bailar!! Roupa cómoda, quita do medio a mesa da salita e a moverse!
Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.
Por suposto, si coñeces a alguén que poida disfrutar do vídeo, podes compartirlle este vídeo/post.
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario