
Danza para mulleres en situación de vulnerabilidade
Si ves bailar a clase sabes o fortalecida que saes.
Eu sei o fortalezida que estou dende que bailo. A danza tenme axudado a ser eu, íntegra, perfectamente valiosa, con tódolos meus defectos e virtudes. A poder expresar e ter un lugar de meu.
Non teño moi claro qué acontece, si é que te sentes ben por facer algo que sentes bonito, si é polo exercicio que fas ou si é que se removen outras enerxías mais internas e vas desbloqueando emocións…
Sei que non son eu sola a que fun vencendo batallas internas gracias a bailar (e sigo a ter batallas que vencer) e por isto gustaríame aproximar esta ferramenta a quen máis o poida necesitar.
Dende hai tempo róndame na cabeza preparar un curso para mulleres en situación de vulnerabilidade. Si a danza me ten aportado a min e a tantas de vós os beneficios que che acabo de contar, quizais sexa unha boa ferramenta para axudar a reconstruír almas rotas.
Creo que todas, nalgún momento das nosas vidas, pasamos por sentirnos pequenas, desprezadas, ninguneadas. Creo que todas chegamos a calar por medo a ser estúpidas ou chegamos a non facer o que queriamos por non ser axeitado para unha muller. Esto como mínimo.
Polo menos eu teño vivido algunhas desas situacións. É o máis sutil. É o que pode intensificarse, o que permite a dexeneración que é a violencia extrema e o sometemento. É o que remata por romper ás persoas por dentro. É o que provoca que perdas a túa fortaleza.
Teño a idea (quizais errada) de que por medio de terapia, sí se pode reconstruír unha alma rota. Sí podemos reconectar con tódalas ferramentas internas que posuímos e espertalas. Pero creo que algo falta si a terapia se basea na racionalización.
Unha ten que crer firmemente, incorporar no corpo, saber auténticamente que é válida e forte. Por medio do racional… Podemos eso, razonalo e encontrarlle a lóxica, pero outra cousa é incorporalo. Ao menos así funciono eu.
Preciso sentir algo. Non quita que por medio da razón, chegue o día que sinta algo, pero preciso sentilo.
E a danza é todo sentir. Porque podemos razonar a mecánica do movemento; pero a fortaleza, a calma, o lume… estes síntense, non se razonan. Así que son certos, verdadeiros. E é necesario sentirse así, BEN, para logo entender dende o racional o que é sentirse ben.
Sentirse ben… que sinxelo parece e que difícil é, non?
Acaso non pasaches nunca por momentos de sentirte baixa, pequena, decaída e buscar unha saída e… que difícil. Que difícil sentirse ben, sentirse a gusto con nós mesmas, en calma e en paz co planeta, que difícil. Xa non digo para sempre, pero por instantes, minutos e horas.
E cantas veces chego a unha clase revolta e sen darme conta, bailando, vivo ese instante presente, porque teño que estar pendente de tanto no meu corpo que non podo escaparme ó onte ou ó mañá . E así, estando presente e remexendo o meu corpo, remato BEN, estou BEN.
E é este BEN o que me encantaría levar a tódalas persoas, pero ultimamente con máis ganas a mulleres en situación vulnerable e aos cativos e cativas (desto tamén che falarei).
Xa sei que hai distintas intensidades nos maltratos e que os referidos anteriormente non son os extremos. Por eso teño a dúbida, valerá a danza para as mulleres en situación de vulnerabilidade?
Entendo que cando estás moi baixa, cando estás moi rota, será moi difícil que teñas a vontade de poñerte a bailar. Por eso supoño que unicamente poderei achegarme a mulleres que superaron as peores partes. Pero inda así, para estas, creo que a danza pode aportar moito.
Cóntoche esto hoxe, porque preciso a túa axuda.
Pódesme axudar aportando a túa visión a todo esto, escribíndome a info@danzataniaveiga.com ou nos comentarios. É importante que me contes tanto o teu sentir e experiencias bailando, como a túa opinión ou experiencias en obradoiros de danza para mulleres maltratadas.
E tamén preciso contactos con institucións, asociacións, colectivos…
Con esto xa me despido, gracias por escoitarme e por compartir!
Bicos!
Próximas ocasións para bailar:
- Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.
Ghústame moito o teu podcast :))
Chuliña! Así as antípodas están algo máis perto e non te olvidas de nós!