
Como lavas ti a roupa?
E si, isto sigue sendo sobre danza.
E non, non me estou poñendo filosófica de máis.
Eu, métoa na lavadora, poño xabrón e programo 😉
Pois hoxe vouche ensinar a lava-la roupa a man, bailando!
Pero é para que ti bailes tamén eh! Para que comeces a moverte.
Xa sabes, divertíndonos!
Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.
Por suposto, si coñeces a quen lle preste aprender este método de lavar, compártelle o post!
Non quero despedirme sen avisarte de que o 22 e 23 de setembro imos gozar no ConVive con África! Unha fin de semana con cursos de percusión e danza, xantar e convivencia!
Tes toda a información aquí <<ConVive Con África>>
Si che interesa, inscríbete pois así recibirás a info completa por mail (prezos incluídos), terás o XANTAR DE BALDE e e poderás reservar praza de forma anticipada, asegurándote de que non quedas sen sitio.
Pecharei esta lista o 2 de setembro!
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario