Burkina Faso, A Terra das Persoas Íntegras. Thomas Sankara

Burkina Faso, A Terra das Persoas Íntegras. Thomas Sankara

Na historia da humanidade hai persoas destacables e que porén son case descoñecidas.

E se non, coñeces a Thomas Sankara? Encantaríame saber que chegaches a el antes ca min, pero por si acaso, aquí estou eu para facercho chegar.

É complicado resumir as accións e repercusión de Sankara porque aportou unhas melloras rompedoras en moitos aspectos da vida dos burkinabés, a pesar de que só puido estar no poder durante catro anos.

Tanto conseguiu en tan pouco tempo, que foi asasinado. As súas ideas, si se extendían polo continente africano, poderían rematar cos privilexios da clase política corrupta africana e co imperialismo en África.

Sankara segue vivo en Burkina Faso, tras 30 anos da súa morte. As súas ideas prenderon nos corazóns e espíritus dos burkinabés incluso naquelas xeracións que naceron sen o coñecer.

Sen embargo quen de nós sabe del?

(Podes escoitalo en audio ou continuar lendo embaixo)

Fágoche unha pequena contextualización esquemática:

No ano 1984, cando Sankara chega ó poder, o Alto Volta (Burkina Faso) comparte con Malawi o podium da pobreza.

O país, sen costa, sofre a desertificación. Non producen alimentos abondo, polo que dependen da importación, que se paga incrementando a débeda externa.

A poboación, empobrecida, arrastra as feridas psicolóxicas do somentemento, da escravitude; neste contexto, os homes son de clase 3 A e as mulleres de clase 3 B.

Os dirixentes son farto corruptos e governan para enriquecerse e perpetuar o sistema imperialista.

O Alto Volta posúe conflictos armados con países veciños (Mali) que, por suposto, inda empobrecen máis ó país.

A esperanza de vida é de en torno ós 40 anos de vida.

Thomas Sankara toma o poder mediante un golpe de estado militar.

Un golpe de estado que recibe o apoio do pobo, das clases máis empobrecidas, porque en campañas previas os seus discursos xa deixan ver as súas tendencias revolucionarias, deixando en moitas ocasións en evidencia á clase política do momento.

Toma o poder alentado polo pobo e apoiado polo pobo.

Tomas Sankara é un antiimperialista convencido de corazón, pensamento e acción. A loita contra o imperialismo marca os seus discursos e decisións nos apenas catro anos que durou no poder xa que foi asasinado en condicións truculentas.

(chegarei a eso na próxima semana)

Como Thomas Sankara combate o imperialismo e que é o que consegue?

  • Autosuficiencia alimentaria
  • Educación e conciencia política
  • Ecoloxismo
  • Feminismo
  • Austeridade para as clases privilexiadas
  • Anti pagamento débeda externa

Thomas Sankara pronuncia:

O imperialimo? Que onde está o imperialismo? Non tedes máis que mirar ós vosos pratos. O arroz, millo e mijo que consumimos é importado. E é natural que quen te alimente dicte as súas normas…

Thomas Sankara consegue triplicar a media de produción agrícola por hectárea en tres anos, pasando de facer que seu país importara alimentos á autosuficiencia alimentaria e á disposición de 10 l de auga potable por cidadán.

A autosuficiencia non quedou só na alimentación. Thomas dicía: producir en África e consumir en África. Conseguiu vestir á súa flota con roupa enteiramente producida e confeccionada en Burkina Faso, precisando para elo dende sementar ata formar os talleres de confección.

Seguinte punto: a educación.

Sankara precisaba devolver a dignidade ó seu pobo, ensinarlles que hai saída, poñelos a traballar porque sen a súa colaboración voluntaria, o seu modelo non podería ser levado a cabo.

Por iso cambia o nome do seu país:

O Alto Volta, nome de orixe e connotación totalmente coloniais, foi rebautizado como Burkina Faso que significa A Terra dos Homes Íntegros.

A educación é básica para que o pobo saiba o seu potencial, por iso promoveu campañas de alfabetización dos campesinos, gracias a persoas voluntarias e conseguiu duplicar os índices de alfabetización.

Thomas Sankara, tamén tiña a máxima de que un militar sen instrución política nin moral, era un asasino en potencia. Moitos militares eran dotados cun arma  e mandados a disparar, que nin sequera tiñan noción de que se cadra estaban disparando a persoas que tal vez loitaban polas mesmas ideas cas deles.

Feminismo, en África, nos anos 80?????

Burkina Faso foi o primeiro país en ilegalizar a mutilación xenital feminina.

Thomas Sankara contaba con mulleres como ministras, nun país no que non había recoñecemento algún ás mulleres. Pero el sabía que eran o 50% da sociedade, que eran o motor da vida.

Alentou ás mulleres e facer as súas propias reivindicacións a emanciparse e dictou, como medida simbólica o día do mercado para os homes, día no que eran os homes os que tiñan que saír a facer as compras, algo que era considerado indigno.

Nun país no que a esperanza de vida é de 40 anos, quen se permite pensar na ecoloxía? Sen embargo, Sankara sabía que era o imperialismo que queimaba as sabanas e que non podía haber riqueza real si non había riqueza natural.

Por iso, plantan milleiros de árbores reforestando unha parte do terreo desertificado, diminuíndo a erosión do chan á par. As festas eran celebradas plantando árbores nos barrios e todo novo barrio construído debía ir acompañado de zonas verdes.

Precisaba ter á poboación de seu lado para conseguilo, pero tíñaa porque estas medidas melloraban de forma inmediata a calidade de vida dos máis desfavorecidos que son a inmensa maioría.

Toma medidas eficaces e de efecto inmediato: realiza unha campaña de vacunación na que trata a 4 millóns de habitantes, erradicando así a rubeola e outras enfermidades.

Pero de onde sacaba o diñeiro?

Por máis que contase coa colaboración da cidadanía, que estaba plenamente convencida e ilusionada con Sankara, precisaba cartos!

Loitou contra a corrupción e contra os privilexios da clase política e dos funcionarios e aquí foi gañándose inimigos.

Cambiou a flota de Mercedes por coches máis modestos e el ía en bicicleta. Xa non había chóferes tampouco nin billetes en clases bussiness. Reduciu os salarios dos funcionarios nun 30%.

Para el era unha escolla: ou contentar a 25.000 traballadores ou alimentar a 8 millóns de persoas.

El falaba de austeridade, pero non como acontece en España hoxe día, por contra, aplicándose o conto.

E tocou outros paus como eran deportes e artes, pero non me quero extender tantísimo.

Por iso decido que vou rematar a historia de Sankara na próxima semana, na que che explicarei a causa que o levou á morte. seu mandato dura catro anos, porque en 1989 se lo cargan. Demasiado revolucionario, demasiado contaxioso, demasiado perigoso…

Si queres recibir o post na túa bandexa de entrada, déixame teu mail en DanzaTaniaVeiga.com/TanTanLetter

Feliz semana!

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.