
Boron; teño algo que anunciarche!
Quizais esteas nalgunha destas situacións:
- Gustaríache probar a danza africana pero tes vergoña.
- Gustaríache probar a danza africana pero cres que é moi difícil para ti.
- Non consegues adaptar os teus horarios ás clases regulares (por exemplo si eres mamá ou si tes un traballo a turnos).
- Queres bailar, pero non hai danza africana na túa cidade.
Estou segura de que xa sabes que ca danza africana podes liberar estrés, poñerte en forma mentres te divirtes, mellorar o sentido do ritmo e restablecer unha vitalidade que precisas.
Cada vez somos máis as persoas que obtemos da danza africana esa sesión necesaria para subir a nosa enerxía. Cada vez somos máis e quero que ti tamén goces destes beneficios.
Por todo isto, teño creado un curso novo de danza con base na tradición do oeste de África:
BORON. Curso semipresencial de danza Malinké.
O curso é ideal para ti si:
- Che gustaría probar a danza africana pero tes vergoña.
- Queres probar a danza africana pero cres que é moi difícil para ti.
- Non consegues adaptar os teus horarios ás clases regulares (por exemplo si eres mamá ou si tes un traballo a turnos).
- Queres bailar, pero non hai danza africana na túa cidade.
- Eres perfeccionista (porque terás os movementos explicados con detalle e o tempo que precises para repetir ata que o corpo o entenda).
- Non tes experiencia (porque nos vídeos que recibirás poderás aprender os movementos dende a súa base, con todo detalle, pausar o vídeo e repetir os movementos tantas veces como precises).
Queres saber máis sobre Boron?
Este é un extracto da Lección 1. Si queres, podes acceder gratuítamente á Lección 1 completa 😉
Cantas oportunidades tes de facer un curso así?
Creo que moi poucas, que eu saiba son a primeira persoa que ofrece un curso semipresencial de danza malinké 😉
Si non aproveitas esta ocasión, unha vez máis non conseguirás romper ca vergoña, subir a túa vitalidade, aprender unha córeo e disfrutar da túa danza…
Estoucho poñendo fácil: durante 5 semanas ti elixes os horarios e aprendes ó teu ritmo, na túa casa, ca intimidade que precises.
Igual ós veciños lles extraña algo, pero seguro que é porque te verán resplandecente 😉
Deja tu comentario