
Contracturas cervicais? Ensínoche uns alongamentos moi básecos para aliviar as dores.
As contracturas a nivel das cervicais e as dores en toda esta zona están á orde do día.
Están relacionadas con malas posturas mantidas no tempo, a excesos físicos (si cargas pesos por exemplo) e tamén a tensións de índole emocional. Isto sucede por exemplo cando levamos «máis peso» do que podemos soportar, cando asumimos responsabilidades de máis. Estas sobrecargas acaban recaendo sobre os nosos ombros e cervicais.
Pode acontecer tamén que de forma inconsciente teñamos medo a enfrentarnos ó noso día a día. Si esto pasa, acabamos por ter os ombros caídos cara adiante, unha curvatura máis pronunciada nas dorsais (como chepa) e as dores consecuentes.
A relación entre as nosas contracturas e as nosas emocións é toooodo un mundo no que adentrarse, un mundo do que eu coñezo pouco, a verdade.
A danza tradicional do oeste de África senta moi ben porque liberamos tensións, porque correximos posturas, contrarrestamos as nosas «tendencias» e porque as sesións de danza rematan cun alongamento/relaxamento que ben agradecen as nosas contracturas.
Xa ves, sigo na liña de coidarnos dunha forma integral, de achegarnos ó noso corpo dunha forma cariñosa e divertida e así alcanzar unha vida máis plena.
Neste vídeo ensínoche uns alongamentos moi básicos para a zona cervical. Espero que che senten ben!
Si tamén padeces das lumbares, pódeche interesar este post:
Rutina de alongamentos pasivos para as lumbares
Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo, estarei encantada de leelos!
Por suposto, si coñeces a alguén que se poida beneficiar, compártelle este post.
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario