Test de coordinación exercicio para mellorar a coordinación

A túa coordinación é mellorable?

Queres facer un test de coordinación?

Ola!

Problemillas ca coordinación?

Fáiseche máis doado facer un nudo de barco cos brazos que atinar ca dereita ou esquerda?

Vaaaamos, non será para tanto.

O que si podo crer é que a túa coordinación sexa mellorable (porque mellorable é todo sempre, non?).

Tes ganas de probar un rato? De moverte? De retarte a mellorar?

Neste exercicio, as pernas mantéñense facendo o mesmo, algo moi sinxelo, pero xogamos cos brazos.

Ponte en pé e dalle ó play! Tras facer o xogo, responde ó test.

1. Pillas todo na primeira explicación.

Noraboa! Tes boa coordinación! Para mellorala precisas exercicios máis complexos. Proba a deseñar ti algún!

2. Faiche falta a explicación detallada, pero con esta vas ben.

Tes boas capacidades, con exercicios deste tipo mellorarás moito. Non o deixes de lado!

3. Non o pillaches.

Parece que a túa coordinación é algo tímida! Non decaias, precisas seguir traballando esto. O meu consello é que te quedes só ca primeira parte do exercicio e cando esta estea controlada, avanza.

Seguramente che faltou en toda a túa historia de vida (sendo os primeiros anos os máis importantes) xogos e dinámicas para traballar a túa coordinación e por iso non tes esta destreza desarrollada.

Estás a tempo de mellorala. O primeiro paso é saber que é posible mellorar e que ademais podes facelo dunha forma divertida, por medio da danza.

Estás buscando o veredicto: a túa coordinación é nula? Pois esta resposta non cha vou dar porque non creo que esto sexa posible.

Son moitas as alumnas que chegan a clase con esta cantinela: a min gústame bailar, pero dáseme fatal, non teño coordinación. Estas son as alumnas que primeiro notan os cambios.

Si queres mellorar en coordinación por medio da Danza Malinké, anótate na lista de aviso preferente para as aulas regulares!

En nove meses non vou conseguir que bailes coma si naceras en Senegal, pero si que vas saber que a coordinación mellora a base de práctica.

Non importa si non sabes inda que vas facer en outubro, anótate que eu irei avisándote de cando abrimos inscricións.

Quero enterarme das novidades sobre as aulas regulares!

Categorías

Artigos recentes