Danza Kuduro Angola

Falemos de Kuduro, un Do It Yourself en toda regla!

O Kuduro procede de Angola, dos barrios marxinais da capital, Luanda.

A xeración que creou o Kuduro, viviu unha infancia rodeada de conflictos armados. Era habitual para estes nenxs ter o recordo de ir sobre as costas dunha nai que foxe ou escoitar disparos.

Non che conto esto para apenarte ou para mostrarche, unha vez máis, esta cara que xa coñecemos de África.

Cóntocho porque esto influiu esta música. Porque o Kuduro nace pola necesidade destas xeracións de manifestarse, a través dunha linguaxe propia.

Teño que dicir que do que fun escoitando para preparar este post, atopei moita denuncia en clave de mofa.

O que a min máis me gusta da historia do Kuduro é que naceu como un Do It Yourself en toda regla.

A música Kuduro era feita en estudios caseiros dos barrios pobres (son os chamados Musseques), con pouco máis que un ordenata, un ecualizador e un micrófono.

Desta forma, a música descentralizouse dos barrios ricos de Luanda onde se facía aquela música de estudios ben equipados, polas persoas de clases máis altas.

Ten outra particularidade chulísima. Cóntocha en audio si queres, ou sigue lendo 😉

Como se expallou o Kuduro?

Os temas eran gravados en Cds dunha sola pista, ou subidos a internet. Os discos eran ofrecidos ós conductores dos “candongueiros” (autobuses) e así os viaxantes escoitábano e si lles gustaba, compraban o disco.

Logo tamén organizaban as súas propias Sound Systems, claro, para cantar, bailar e facer festa.

Non é lindo todo o que hai arredor do Kuduro.

En cada musseque hai pandillas que son rivais das demais pandillas. Co Kuduro, estas pandillas se vehiculizaron arredor da música, cada barrio tendo o seu grupo de cabeza. E ojalá a violencia se tornara en forma de regueifas, pero non, a violencia seguiu viva e as liortas continuaron a levarse vidas.

O xeito de cantar é similar ó rap, tanto por ese modo de cantar “recitando – rimando”, como polas letras reivindicativas que dan voz ás inxustizas.

O Kuduro musicalmente caracterízase por ter un bit alto e unhas bases electrónicas máis rítmicas que o tunch tunch tunch tunch que se escoita por Europa.

Ou sexa, que se necesita luz eléctrica o que ven dicir que… non é tradicional; pero si ten raíz na música popular angolana que a precede (Kizomba e Zemba).

Por iso o Kuduro ten indentidade angolana e non africana, de todo o continente.

Si pensamos na danza, os movementos son bruscos, cortantes e bastante enérxicos, por veces con connotacións eróticas (inda que de tan explícitas e bruscas que son, a min fanme gracia) ou violentas (simulan ser golpeados ou disparados).

Os propios kuduristas falan que a danza é así debido ó contexto violento no que se criaron.

O Kuduro pronto se extendeu primeiro pola capital, Luanda; logo por todo Angola e a través de Portugal chegou a Europa e Brasil.

Hoxe día, o Kuduro é todo un fenómeno. Por exemplo existe un proxecto chamado os Kuduristas que ten por obxectivo, a través da música, traballar a identidade nacional e continental africana. Espero tamén que este tipo de colectivos, que nacen con maior consciencia social, busquen tamén xenerar a paz a través da música.

Eu particularmente non son moi fan das músicas urbanas, son máis de tradi, pero eso non quita que lle encontre valor ás manifestacións artísticas que saen do contexto urbano.

Espero que che gustara, que aprenderas algo e… non, non podo ofrecerche clases de Kuduro, porque nin a min me vai moito ese estilo, nin teño pajolera idea, inda que seguro que me divertiría un cacho.

Feliz semana!