Psst, casi todo o que fixemos no curso pasado 2017/2018!

Digo casi todo porque vas ver un vídeo da gravación da actuación dalgunxs alumnxs na festa de fin de curso.

Iso que vas ver é só unha parte do que traballamos en clase. Eu estou interesada en poñervos en forma dun xeito íntegro e limitarme a unhas coreografías me obligaría a eliminar moitas dinámicas.

Por suposto, non é obrigatorio participar nesta mostra de fin de curso, por iso non está todo o alumnado. Si ben, é certo que é unha oportunidade estupenda para vencer medos escénicos, quen os teña!

Para que te fagas unha idea, cada unha das córeos que verás foi traballada nun trimestre.

Gústame traballar por trimestres (outubro-decembro, xaneiro-marzo, abril-xuño) porque coido que é o xusto para darlle tempo ó corpo de ir interiorizando pero non aburrirnos dos movementos.

Polo menos así me pasa a min, que despois de tres meses traballando sobre un mesmo ritmo/córeo necesito cambiar.

HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA FACER A RESERVA, inda non fixeches a túa???, espero que teñas praza…

Escríbenos un mail a info@danzataniaveiga.com para solicitar a túa praza; escribirémosche ca info que precisas.

Si tes comentarios, piropos e lindezas que dicirlles xs alumnxs, non dubides en deixalos embaixo!

Por suposto, si coñeces a alguén que lle interese, podes compartirlle este vídeo.

Que teñas unha feliz semana!