ConVive Con África 2018

Fragmento de Lamban do curso intensivo de setembro en 2017

Ola, que tal estás?

Reincorporándote ó traballo? Afacéndote á rutina post-veraniega? Pensando en que actividades te van acompañar este curso para que consigas ter boa saúde?

Eu despois do verán sen clases, teño ganas xa de poñerme en marcha outra vez, de volver ver as caras bonitxs dxs alumnxs, músicxs e a túa si queres achegarte, claro!

Non tes por que esperar a outubro.

Na fin de semana do 22 e 23 de setembro, teremos a oportunidade de reencontrarnos despois do verán, para aprender e conversar tranquilamente, anque sexa entre bocado e bocado!

Tanto podes vir danzar, como percutir, como comer!

Con moito cariño, quero ensinarche como rematamos a sesión de danza dos cursos intensivos que fixemos o ano pasado a finais de setembro tamén. É un extracto pequeniño, pero si verás a forza!

Realmente despois disto inda tivemos un bo relaxamento, claro!

Este ano, ó rematar a danza estaranos esperando un delicioso prato de comida caboverdiana (psst, adiántoche que o prato do sábado será Cachupa mmmmmmm! Que por certo… leva carne e non temos opción vexetariana :()

Tras retomar forzas, 3h de percu!

Queres ver como traballan estes rapaces? Aquí tes un vídeo dun obradoiro de percu con Son d’África.

Xa o sabes, a nosa intención é achegarche como mellor sabemos ó oeste de África, non só a través da danza e da percu; tamén alimentamos teu padal e teu olfacto con sabores e aromas!

O día 7 de setembro abrimos inscricións só ata o día 14.

Si queres que te avise ou recibir a información completa deixa teus datos no cajetín de embaixo.

Adiántoche xa algunha información:

Lugar: Antiga escola Ramón Cabanillas (anexo do CSC do Castiñeiriño); Compos.

Datas: 22 e 23 de setembro, 2018

Horarios:

* Danza africana, sábado e domingo de 11h a 14h.

* Percu africana (con Son d’África) iniciación, sábado de 17h a 20h.

* Percu africana (con Son d’África) intermedio, domingo de 17h a 20h.

Requisitos para participar:

Danza: non hai, pero para vir o domingo é recomendable ter vido o sábado si non tes experiencia.

Percu: para o nivel iniciación non hai requisitos. Para o nivel intermedio precisas coñecer polo menos un par de ritmos, estar familiarizado cos patróns básicos e chamadas e ter nocións básicas de solo.

Hai instrumentos dispoñibles, pero si tes un propio, podes traelo.

Tes máis información aquí www.danzataniaveiga.com/convive-con-africa

Que teñas unha feliz semana!

P. D. O día 7 avisarei por mail para que reserves praza!