A Danza Malinké axúdache a conectar contigo mesma e descubrirte en todo o teu esplendor

danza malinke africana

“Danzar é experimentar con intensidade máxima a túa relación co espazo, a sociedade e o infinito”. A. Tièrou

Todo comeza cun “cru cutú cutú cutú” e cando chega o “ta pitá” os teus pés xa non poden parar.

Sentes o ritmo frenético, o calor das compañeiras, a subida de enerxía.

Os teus ollos brillan.

Queres máis.

Seguramente o sentiches algunha vez.

Sabes ó que me refiro, verdade?

Segundo os mandingas é o ritmo que está en todas partes, en calquera movemento.

O cruxir das follas baixo os teus pés, o meu respirar… Todo é ritmo! É unha vibración que todos compartimos, a esencia mesma da vida.

Queres sentir máis o dundún que hai en ti? Queres despertar a túa vitalidade? Pois só precisas ter ganas de divertirte.

Non é unha broma, tampouco maxia.

A danza tradicional do Oeste de África é un baile sanador que te ensina a conectar contigo mesma. Á vez é un excelente exercicio aeróbico no que articulas todo o corpo, estimulando a túa enerxía, para que acabes desprendéndote do estrés, saltando, rindo… e o pases realmente ben.

Coa práctica mellorará a túa saúde física e mental.

Liberarás bloqueos. Sentiraste máis bonita, áxil, forte, pero o mellor de todo é que aprenderás a disfrutar máis de ti mesma e da túa vida, sexas como sexas.

Sorprenderaste do que podes conseguir con tan só unha sesión semanal e un esforzo físico asequible.

Irradia beleza por tódolos poros da túa pel practicando danza africana

sexa cal sexa a túa forma física, idade ou talento musical

Aulas Regulares

Santiago | Carballo | Bertamiráns

Inscríbeme

Intensivos

Por toda Galicia

Inscríbeme

Boron

90% online, 10% presencial en Galicia

Próxima convocatoria

Tania Veiga Danza Malinké

Son Tania Veiga e quero ser a túa mestra de danza africana

O meu compromiso é que conectes contigo mesma e despertes a túa vitalidade. Para isto ofrézoche unha experiencia reveladora a través da Danza Malinké baseada na tradición dos pobos Mande do Oeste de África.

Durante as leccións de baile ensinareiche a divertirte e poñerte en forma bailando. Aprenderás a coñecer o teu corpo, soltar adrenalina e conectar contigo mesma.

Pouco a pouco o teu corpo empezará a cambiar por fóra e por dentro. Gañarás superforza vital, sentiraste desbordante de beleza, terás saúde e enerxía para dar e regalar.

E todo isto faralo apoiada por min, os músicos e as bailarinas, toda unha comunidade de persoas que queremos verte medrar e medramos contigo.

Queres saber máis sobre min? Le aquí a miña historia

Me gusta mucho la forma de enseñar de Tania, tan horizontal, cercana, delicada y con fuerza a la vez.

Unos meses antes de comenzar las clases me sentía algo apagada, con la mente algo nublada. Cuando termina la clase tengo la mente más clara y a medio plazo siento que me he recuperado a mi misma y que tengo más tranquilidad.

Poco a poco me noto mejor en cuanto a resistencia física, elasticidad y coordinación.

Susana Puertas

Polas mañás cóstame estar esperta, aínda que durma ben. Ás veces cústame ir a afro, sobre todo se o tempo non axuda. Síntome con pouca enerxía e estou cansa.
Pero despois da clase, recargo pilas, esquezo estreses e problemas, estou máis alegre, con máis enerxía, máis esperta.
Noto que co tempo, estou máis áxil e teño mellor sensación corporal.

Bea Corbacho
Mar González Testimonio

En las clases de danza con Tania conseguí integrar la percu en el cuerpo y movimientos; Desbloquear ciertas emociones y miedos; sentirme un poco más conectada conmigo misma y más libre; y un largo etcétera.

La danza africana y las clases me están regalando fluidez, conexión, liberación. Cada clase es como un reseteo del día y de la semana, salgo como nueva aunque llegue agotada a clase.

La danza africana es muy divertida, liberadora y ayuda a conectar con lo más interno y sencillo.

Tania es clara, muy organizada, estructurada y metódica. Conecta y empatiza con sus alumnas lo que ayuda a asimilar los pasos de forma más fácil.

Mar González

Agradezo moito as clases! Para min foi un descobremento collinlle o gusto á danza en moi pouco tempo.

Non era moi consciente do meu corpo, non lle adicaba o tempo que debería xa que me doe a miúdo. Con estas clases descubrín o ben que senta facerse consciente do corpiño. Noto moitísimo esa horiña e media semanal de facerme caso, ser consciente de min mesma, reírme e disfrutar.

As clases provócanme moita alegría. Saio hiperactiva, penso que podo facer de todo! Ao saír de danza teño un cambio radical de actitude, de atención… Síntome relaxada, co corpo activo e a mente activa.

Claudia Álvarez
Mar Viamonte Testimonio

Estou moi contenta coas clases, que para min foi un gran descubrimento. Esta actividade me engancha e teño ganas de seguir avanzando e pasándoo ben ao mesmo tempo que me poño en forma. Nótome en xeral máis áxil e vital.

Cas clases teño un tempo para min e para pensar, e ao mesmo tempo deixar de pensar, polo menos de pensar nos quefaceres diarios. Sinto despois das clases, aínda que vaia “mallada”, que recibín un chute de enerxía.

A danza africana é divertida, o tempo pasa rápido e non sinto que veña a clase como un trámite para poñerme en forma.

Tania é humilde (cando erra ou non sabe algo, non ten problema en recoñecelo), as explicacións que da son sinxelas e fáciles de comprender. Cando corrixe a alguén non dá a sensación de que se ría desa persoa nin tampouco que se “ensañe”.

Mar Viamonte

Antes de asistir a clase, veño de estar traballando a xornada completa e atópome cansa, con enerxía baixa e teño certa pereza para bailar xa que me dan ganas de descansar. Pero tra-la clase, aínda que sinto cansancio físico, enerxéticamente estou moi activada! Tamén aumenta a a sensación de control e satisfacción co meu corpo.

Dende que practico danza africana, a miña elasticidade mellorou, inda que me quedan obxectivos que acadar. Tamén aprecio melloría na miña resistencia física.

En constante reto e aprendendo moito da danza africana! Feliz

Mónica Rodríguez

Normalmente cuando llego a clase de danza, llego cansada, con mil cosas “pendientes” en mi cabeza, descentrada y con la sensación de que mi cuerpo no va a aguantar toda la clase. Pero al final, salgo con más energía, relajada y satisfecha. Es increíble como la música y el baile transforman la percepción de mi energía, me inoculan fuerza y la sensación de que “puedo”.

Salgo “empoderada”.

Carmen Márquez

Medios nos que aparecín:

Entidades coas que colaboro: