Inicio2018-11-22T14:43:31+00:00
Loading...
DanzaTaniaVeiga

Profesora de Danza Tradicional do Oeste de África

Descobre o teu potencial a través da danza tradicional do oeste de África

Dou clase de danza tradicional do oeste de África a persoas que se compromenten consigo mesmas a non renunciar á súa xuventude, a manterse alegres e vivas dentro dun corpo que está en forma; ou sexa, con persoas que decidiron reactivar a súa vitalidade.

A danza tradicional do oeste africano mantén o teu corpo en forma, a túa mente lúcida e o teu espíritu alegre, libre de estrés.

Vémonos en clase?

Asegúroche que si te divirtes encontrarás resultados porque serás constante. Fai desta actividade a túa prioridade, prioriza coidarte e verás como te pos en forma dende o entusiasmo.

Pasas moito tempo sentada?

Sintes que o teu corpo se vai atrofiando, perdiches forza, elasticidade, axilidade?

Pois baila! En serio, verás como melloras e recuperas, non só na forza, elasticidade e axilidade; tamén na coordinación, no sentido do ritmo, na memoria… Necesitas moverte e reactivarte, pero dende a diversión. Podes volver a sentirte xoven de mente, espíritu e corpo.

Sínteste fatigada?

Eres inconstante nos teus intentos de coidarte?

Proba a danza tradicional do oeste de África. Si te divirtes serás constante e verás resultados. Saímos das clases cas pilas cargadas para afrontar o resto da semana, saímos de bo humor, ca autoestima polas nubes!

Adicácheste á túa familia moitos anos?

Fáltache tempo para ti mesma?

É o teu turno. Xa sabes que para coidar ben ós teus, debes coidarte ti tamén.

O tempo perdido xamais se recupera, non pospoñas o teu coidado

Testimonio de Bea Corbacho

Polas mañás cóstame estar esperta, aínda que durma ben. Ás veces cústame ir a afro, sobre todo se o tempo non axuda. Síntome con pouca enerxía e estou cansa.
Pero despois da clase, recargo pilas, esquezo estreses e problemas, estou máis alegre, con máis enerxía, máis esperta.
Noto que co tempo, estou máis áxil e teño mellor sensación corporal.


Bea Corbacho
Testimonio de Claudia Main

Agradezo moito as clases! Para min foi un descobremento collinlle o gusto á danza en moi pouco tempo.

Non era moi consciente do meu corpo, non lle adicaba o tempo que debería xa que me doe a miúdo. Con estas clases descubrín o ben que senta facerse consciente do corpiño. Noto moitísimo esa horiña e media semanal de facerme caso, ser consciente de min mesma, reírme e disfrutar.

As clases provócanme moita alegría. Saio hiperactiva, penso que podo facer de todo! Ao saír de danza teño un cambio radical de actitude, de atención… Síntome relaxada, co corpo activo e a mente activa.

Claudia Álvarez
Testimonio de Emiliano Siem

A clase é de mañá polo que normalmente sinto cansancio e somnolencia. Despois da clase, a vitalidade sube claramente. Síntome con ganas de facer de todo!

Emiliano Siem
Testimonio de Mónica Rodríguez

Antes de asistir a clase, veño de estar traballando a xornada completa e atópome cansa, con enerxía baixa e teño certa pereza para bailar xa que me dan ganas de descansar. Pero tra-la clase, aínda que sinto cansancio físico, enerxéticamente estou moi activada! Tamén aumenta a a sensación de control e satisfacción co meu corpo.

Dende que practico danza africana, a miña elasticidade mellorou, inda que me quedan obxectivos que acadar. Tamén aprecio melloría na miña resistencia física.

En constante reto e aprendendo moito da danza africana! Feliz!

Mónica Rodríguez

“Antes de empezar o curso tiña xuízos negativos da miña relación ca danza, sentíame con distancia co meu corpo. 

Gracias a vir a clase, recuperei unha parte da miña expresión co baile e faime moi feliz bailar e ter unha nova relación e perspectiva sobre a danza.

Despois de vir a clase síntome máis alegre e vital. Apórtame un subidón para seguir a semana.

Gústame moito o teu método: cada un pode ir aprendendo segundo o seu nivel e ao mesmo tempo hai moita unidade, a dinámica que se crea na clase é moi bonita!

Creo que hai un equilibrio entre as explicacións sobre os pasos para que sexan o máis ben realizados posible e o deixarnos ilos sentindo nós mesmos e disfrutar sen estar xulgando se non experimentando.”

Ingrid Savine

Normalmente cuando llego a clase de danza, llego cansada con mil cosas
“pendientes” en mi cabeza, descentrada y con la sensación de que mi cuerpo
no va a aguantar toda la clase.

Pero al final, salgo con más energía, relajada y satisfecha. Es increíble
como la sica y el baile transforman la percepción de mi energía, me
inoculan fuerza y la sensación de que “puedo”. Salgo “empoderada”.

Carmen Márquez
Testimonios Susana Puertas

Me gusta mucho la forma de enseñar de Tania, tan horizontal, cercana, delicada y con fuerza a la vez.

Unos meses antes de comenzar las clases me sentía algo apagada, con la mente algo nublada. Cuando termina la clase tengo la mente más clara y a medio plazo siento que me he recuperado a mi misma y que tengo más tranquilidad.

Poco a poco me noto mejor en cuanto a resistencia física, elasticidad y coordinación.

Susana Puertas

Si tes problemas para acceder ós termos de privacidade, podes probar dende aquí. Tamén podes consultar os termos de uso.