Cargando Eventos

O colectivo Galinké trae un bombazo a Compostela que, si eres amante dos ritmos malinkés, non podes perder.

Os días 13 e 14 de abril, vas poder aprender ritmos malinkés, concretamente dunumbas, con Billy Konaté, fillo do afamado Famoudou Konaté. Famoudou, foi director do Ballet nacional de Guinea e djembe solista e un dos primeiros responsables en espallar a cultura do djembe dentro da cultura occidental. Ten numerosos discos, que, si eres algo friki terás escoitado porque a nosa biblia percusiva.

Famoudou deixa o seu legado cultural na súa descendencia, ven consciente do importante que é que as novas xeracións non perdan este patrimonio. Billy, daquela, ven a transmitir, directo dende Guinea unha parte da súa cultura.

Na danza temos a Rebecca Vega, que é arxentina, anque residente en Málaga. Rebecca, bailarina clásica de formación, enamórase das danzas malinkés dende que entra en contacto con elas e non dubida en formarse cos mellores referentes, entre eles, a familia Konaté. Por iso que Billy e máis ela están acostumados a facer formacións xuntos.  Teremos a esta marabilla en Santiago de Compostela, os días 13 e 14 de abril. Disfrutaremos dunha combinación particular de potencia e dozura.

Ocasións para aprender de primeira man, sen ter que coller un avión e percorrer grandes distancias, son escasas. Inda non o tes claro? Pois para que te decidas, debes ter en conta que Galinké ofrece uns prezos moi asequibles e ademais descontos por pronto pago e por pertencer a algún colectivo amigo.

Eu espero con moitas ganas a súa chegada e que nos dea unha boa candela!

Espero vervos por alí!

Ah, para inscribirte, aquí che deixo o formulario de inscrición

E se tes dúbidas, daquela, mellor escribe a ascgalinke@gmail.com

Programa e prezos ritmos malinkes