Que cres que podemos conseguir en 8 clases de Danza Tradicional do Oeste de África?

Non son moitas horas, a verdade; pero estou segura de que te sorprenderás. Podemos conseguir esto en tan pouco tempo??

Pois así é como estabamos en novembro de 2018, a piques de rematar a primeira coreografía do curso que inda porriba son dous ritmos que se bailan xuntos: Yankadi e Macuru!

Inda que o primeiro trimestre téñoo plantexado para que entremos en materia sen insistir moito no detalle do movemento, a aprendizaxe foi moi boa, estou moi contenta co resultado. Normal si lle dou clase a persoas que perseveran, confían no seu camiño e sobretodo, disfrutan 🙂

Disfruta do vídeo, baila no salón da túa casa. Por suposto, non é o mesmo bailar sen percusión en directo, así que si che pica o gusanillo, ven a clase. Aquí podes consultar os cursos que hai.

Gracias xs alumnxs que  aparecedes no vídeo!