Ves de viaxe a Benín? A Cerimonia dos Trances

Entradas recientes

Ves de viaxe a Benín? A Cerimonia dos Trances

A viaxe que che propoño a Benín, ten a mesma orde cronolóxica que como eu a vivín.

Esta cerimonia vivímola no segundo día do curso e foi de chiripa.

Tiñamos “cita” para ir falar co sacerdote supremo (equivalente ó Papa), unha ocasión para coñecelo e poder facerlle toda sorte de preguntas. El insistía, non hai pregunta tabú nin pregunta tonta.

O caso é que el recibiunos igual, inda que tiña un compromiso, tiña que ir a unha cerimonia. Así que nos propuxo ir con el.

Punto a favor, esa cerimonia non nos esperaba, así que non podía haber nada preparado para nós. Efectivamente, notouse no ambiente porque as persoas que estaban na entraga da danza, nin se inmutaban ante nós nin ante as cámaras. Elas ó seu. A festa a seguir.

Entendín que esta era unha cerimonia grande, porque había moitxs convidadxs. Esto quere dicir que a persoa que quixo facer esta cerimonia celebraba algo importante e que ademais tiña diñeiro para poder convidar a tanta xente. Tiña que sacrificar animais abondo para dar de comer (e beber) a esa xente durante tres días.

Recibíronnos con toda a amabilidade, gustoulles poder ensinarnos, poder acollernos. Tamén a nós nos deron de beber. Recibíronnos igual ca o xefe supremo e estivemos a falar co séquito de sacerdotes que estarían presentes na cerimonia.

Pero o mellor para min, foi ver bailar a todas esas mulleres. Velas, cada unha no seu planeta, e de cando en vez en planetas lonxanos. Si, en trance, en Benín ou quen sabe onde.

Por iso lle chamo a Cerimonia dos Trances. Non quere dicir que fose unha cerimonia especial para entrar en trance. Coido que pode acontecer noutras. Só quero dicir que foi a Cerimonia onde puiden presencialo e ti tamén poderás.

Cóntoche dende alá as miñas impresións, quero primeiro achegarche un audio, para que viaxes ti mesma, para que aparezan imaxes túas e propias na túa mente. E xa logo, che ensino unhas fotos e vídeos.

Neste audio adéntraste nos sons da Cerimonia:

Aquí algunhas explicacións:

E por último, en audio, outros sons ambiente da Cerimonia:

Nas imaxes, podes ver grupos de mulleres que van vestidas de formas homoxéneas. Esto é porque son adeptas de distintas divinidades e cada divinidade ten a súa forma de vestir. Tamén poden portar distintos utensilios nas mans.

As danzas tamén son diferentes. Por un lado, o ritmo da percusión ten as súas propias danzas, pero cada grupo posúe a súa forma particular de bailar. Ademais, para que entendas mellor o que acontece no vídeo, os ritmos varían e tamén son propios de distintas divinidades. Son as adeptas de cada divinidade as que posúen máis maestría nos movementos que lle son propios. Todas poden bailalos, pero vese claramente que hai ritmos que fan que un determinado grupo teña os movementos máis “sabidos”.

Grupos de mulleres na Cerimonia dos Trances

Antes desta viaxe, nunca vira ninguén entrar en trance por medio da danza.

Na danza malinké esto non se ve, por máis que pareza que hai momentos de éxtasis ó bailar. Por iso opinaba que iso era parafernalia, que era unha forma superficial de observar a danza e as persoas que bailan.

Pero aquí topei con ese estado. Dunha forma natural, tranquila.

Propóñoche que tentes buscar ás tranceiras. Non che vai ser doado, non chaman a atención. Despois de ver o vídeo, douche unha pista.

Agardo que che gustara, que esteas aprendendo, que che entren ganas de viaxar a Benín e inmiscuírte nesta cultura a través do programa que propón Vincent Harisdo (facebook: https://www.facebook.com/vincent.harisdo )

 

Na próxima semana lévote a outra Cerimonia, a Cerimonia onde saen as Máscaras – mortos regresados.

Non posúe nada tétrico, a pesar de que si, efectivamente levantan ós mortos (a algúns) para traelos á festa e que fagan festa.

Son preciosas, xa verás!

Se inda non me recibes no teu inbox, déixame aquí teu mail aquí: TanTanLetter .

P. D. Pista: saberás que entraron en trance porque hai persoas coidadoras que lles van quitar a suor e teñen conta de que non choquen.

Próximas ocasións para bailar:

  • Proximamente farei unha clase en streaming (online e en directo), gratuíta. Para que che dea acceso á sesión en directo ou á gravación, déixame teu mail no cadro que tes abaixo. Esta vai ser unha masterclass especial, diferente. Trataremos de encarnar nos corpos a natureza que tanto nos falta nestes días de reclusión nas casas, para traer alivio, para soltar lastre, para abrazarnos.
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.