Ves de viaxe a Benín? Cerimonia das Máscaras - mortos regresados

Ves de viaxe a Benín? Cerimonia das Máscaras – Mortos Regresados

Hoxe lévote de novo a unha cerimonia.

Esta é ben diferente, é moi doado identificar de qué cerimonia se trata.

É a Cerimonia na que aparecen as Máscaras, tamén chamadas fantasmas, porque en realidade dentro das máscaras quen se atopa é o espírito dun morto, un morto ó que lle permiten regresar por un tempo.

En audio douche as explicacións que nos deron durante o curso, e así xa saberás de onde veñen, quenes son os regresados-revenidos, cal é a súa función durante a festa…

Cos primeiro audios, quero que te sumerxas no ambiente previo á aparición das máscaras. Elas veñen, os espíritos aparecen porque son chamados e convidados á festa e tamén porque aceptan, claro.

Faise unha vixilia na noite previa para ir avisando ós espíritus de que mañá, hai festa 🙂 O día despois da vixilia, pola mañá comézase cos preparativos, as ofrendas e sacrificios. E a partir de certo momento, comezan a aparecer as Máscaras no torreiro (e nunca mellor dito, porque torrar, torraba ben).

Estes audios son da mañá na que aparecen as Máscaras:

Nestes audios as miñas explicacións, gravadas cando estaba alí:

Non sei que trasiego te imaxinas ti, pero aquí che deixo unhas imaxes de distintas Máscaras.

Hai máscaras diferentes, polo menos nas imaxes podes ver dúas. Estas Máscaras, poden aparecer repetidas. É dicir, varios defuntos que posúen traxes parecidos.

Cada Máscara ten unha doble personalidade (ou unha sola personalidade resultado de dúas fontes), por un lado está a que posúe a propia máscara (verás que hai unha que parece unha muller, que é máis obscena ca o resto) e por outro lado incorporan tamén a personalidade do defunto.

Ou sexa, que podes ver que dúas máscaras parecidas en indumentaria, unha é moito máis xoguetona e provocativa ca xente e outra máis tranqui.

Distintas Máscaras de Benín

Si preguntamos a alguén de Benín, Togo ou Ghana si realmente as encarnacións son de espíritos ou si hai unha persoa alí, vanche dicir que son espíritos. E deben ser, porque eu creo que non hai persoa que resista tanta vestimenta, tanto baile e tanto sol 😉

Todas estabamos suando, sen mover un pelo…

Veña bah, vídeos con distintas Máscaras e os seus bailes. Xa verás que preciosidades!!

Na próxima semana lévote a unha Cerimonia feita para Sakpatá, a divinidade da Terra e das enfermidades contaxiosas (en Benín non había traza do Coronavirus, así que non creo que o mandara Sakpatá :))

Queres que cho mande por mail? Sen problema, tan só déixame o teu mail en www.DanzaTaniaVeiga.com/TanTanLetter

P. D. Mañá é o Día Internacional da Danza!!! Espero que poidas adicarte a bailarte un ratazo!

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.