
Queres aprender a simplificar movementos complexos? Ensínoche o meu método!
Moitos movementos da danza africana son complexos e nos parecen inabarcables, pero non é así. Co método que che ensino no vídeo, aprenderás a simplificar estes movementos complexos.
Si eres das persoas que necesitan comprender (racionalizar) os movementos de danza para poder aprender mellor, sen dúbida este vídeo poderá interesarche.
Si eres daquelas persoas que aprenden imitando, sen pensar demasiado, seguramente non necesites tanto este vídeo, pero estou segura de que aprenderás unha ferramenta que che permitirá aprender máis rápido.
Cando nos enfrontamos a algo que non nos resulta familiar, parécenos complexo.
A danza tradicional do oeste de África non é moi familiar para nós (por desgracia) e a simple vista parece moi difícil; máis aínda cando observamos movementos complexos porque son o resultado da combinación de movementos máis sinxelos.
Deste modo, espero que lle perdas “medo” a esta disciplina de danza, espero que te des conta de que cun bo ollo analítico e paciencia contigo mesmx, poderás bailar calquera movemento!! De feito creo que simplificar é unha política que non só nos axuda na danza, tamén nas nosas vidas!
Ah, teño que pedir desculpas. Parece que estou mirando para Cuenca, pero de verdade, estou falando contigo. Son problemillas técnicos dunha principiante :). De todos modos, o vídeo vale perfectamente para o seu fin que é que bailes e que aprendas este método.
Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo. Prometo ir mellorando a calidade da información que che ofrezo e as túas críticas (construtivas) e comentarios axudaranme tanto a mellorar os aspectos técnicos como a atopar contidos que che interesen.
Por suposto, si coñeces a alguén que se bloquea ou se abruma ante as complexidades, podes compartirlle este vídeo.
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario