Presentación de Fankasoo Ondas de ÁFrica 2019

Coñeces Fankasoo?

Sabes que significa Fankasoo?

Fankasoo significa océano, en lingua mandinga.

Tamén é como nomeei o curso de fin de semana que realizo dentro de pouco tempo: 20 e 21 de xullo.

Neste curso terás Danza Malinké e percusión en directo, por suposto.

O que é novidoso en Fankasoo 2019 é que sairemos á praia para facer exercicios e dinámicas que che permitan danzar dende a túa autenticidade.

Porque é importante coñecerse para poder expresarse. Aprenderás mediante xogos e dinámicas, que tes todo un potencial no corpo para expresarte.

Reconectarás contigo, encontrarás a calma que tanto botas de menos nos momentos de estrés. Recargarás as pilas!

Inda estás a tempo de participar porque o prazo para inscribirte remata o próximo xoves 11 de xullo.

Non é preciso ter experiencia en danza, simplemente precisas ter ganas de bailar. Si o corpo ou o corazón che din que tes que vir, escóitaos!

Aquí tes o formulario de inscrición con información sobre o curso.

Pero si prefires que che conte eu de que vai Fankasoo 2019, dalle ó play!

Datas: 20 e 21 de xullo.

Horarios: 10:30h – 13:30h e 17:30h – 19:30h

Localizacións: Carballo e Praia de Razo

Imparte: Tania Veiga e músicos de Perfusión.

Non é preciso ter experiencia en danza, só ganas de bailar!

P. D. Recorda, o prazo de inscrición para Fankasoo remata o xoves 11 de xullo. Ven disfrutar da danza, estás en boas mans e disfrutarás dunhas sesións na praia!

Podes facer a túa inscrición aquí. Tes toda a información

Quero inscribirme en Fankasoo!