
Aumentamos o nivel de consciencia corporal?
Con este exercicio básico mellorarás a túa conciencia corporal.
AAAAaiiii, que ignorantiña fun, tantas e tantas veces.
Téñome sorprendido sobre como alguén que traballa o control corporal (léase un iogui, karateka, acróbata…) ten as mesmas dificultades que unha persoa adicada a outras profesións, para realizar movementos non aprendidos.
Esta sorpresa falaba da miña ignorancia porque a consciencia corporal plena é inabarcable.
Eu mesma, cada vez que comezo unha práctica diferente da Danza Malinké (Tai – Chi, ioga iyengar, baile galego, etc) descubro un nivel diferente de consciencia corporal. Eu mesma, cada vez que aprendo movementos diferentes, teño (por suposto) dificultades para aprendelos.
Así que hoxe quero traer consciencia.
Esto que é?
Simplemente facerche que leves a atención a partes, músculos, movementos, etc. seguramente descoñecidos.
Podes facer o exercicio sentada.
Dalle ó play!
Ó realizar estes cambios, si nos poñemos de pé, teremos unha postura moito máis saludable. Sempre será un punto de partida estupendo para realizar movementos de danza sen mancarnos.
Que teñas unha feliz semana!
Non importa si non sabes inda que vas facer en outubro, anótate que eu irei avisándote de cando abrimos inscricións.
Deja tu comentario