190618_Manifesto Día Danza 2019

Vou con atraso, pero quero compartir contigo o Manifesto do Día Internacional da Danza 2019

O 29 de abril é o Día Internacional da Danza. A verdade é que non estaba enterada do manifesto, pero caeu nas miñas mans ó asistir a un espectáculo de danza do ciclo Primavera en Danza que organiza o concello de Carballo, onde vivo.

Pareceume un texto lindo e inspirador e por iso quero compartilo contigo:

Ao principio houbo movemento… e desde o principio dos tempos, a danza foi un forte medio de expresión e celebración. Dende a súa aparición nos murais dos faraóns exipcios e ata o presente, inspirou ós creadores de danza. A danza usouse para evocar a moitos deuses e deusas da danza con todo o que representan en significado e conceptos como o equilibrio desde o que se conecta a xustiza, a musicalidade, o ton, a conciencia individual e cósmica e moito máis.

Lin unha vez que: “ Se pensaba que a danza nos tempos dos faraóns elevaba o espírito do bailarín e da audiencia de espectadores ou participantes. A música e a danza invocaban os impulsos máis elevados da condición humana ao mesmo tempo que consolaban ás persoas polas decepcións e as perdas nunha vida”.

O movemento é unha linguaxe falada por todxs nós. O movemento é unha linguaxe universal que pertence a todxs solo se abrimos os nosos sentidos e escoitamos. Escoitar é o que se require, escoitar sen interferencias, escoitar sen xulgar, escoitar en silencio e permitir que o movemento pase a través do corpo no momento, porque todo o que está dentro e ao redor de nós está en movemento, movemento constante. Isto é cando o corpo non minte porque está escoitando a súa verdade e maniféstase.

Ao escoitar o latido do noso corazón, podemos bailar a danza da vida, que require movemento, axilidade e adaptabilidade, unha coreografía en constante cambio.

Nesta época na que a conexión e a conectividade están adquirindo novos significados e estamos no punto máis baixo da nosa capacidade de conexión… A danza segue sendo a acción máis buscada para axudarnos a restablecer esa conexión perdida. A danza devólvenos ás nosas raíces, no sentido cultural, pero tamén no sentido sensorial, persoal e individual máis inmediato, ata o núcleo e o corazón, ao mesmo tempo que nos permite ser animais sociais.

Porque cando nos conectamos con nós mesmas, cando escoitamos o noso ritmo interno, podemos realmente establecer unha conexión con outras persoas e comunicarnos. A danza é onde a cultura se comparte e as fronteiras caen no espazo da inclusión e a unidade, a través da linguaxe tácita da universalidade.

O corpo é un instrumento de expresión, un recipiente para a nosa voz, os nosos pensamentos, os nosos sentimentos, a nosa historia, o noso ser e existencia, o noso anhelo de expresar e conectar o que se manifesta a través do movemento.

A danza é un espazo que permite conectarnos ca nosa verdade, por iso se require un espazo tranquilo. A danza permítenos conectarnos e sentirnos completxs e é só nese sentimento que encontramos paz; e coa paz ven o silencio e é a través do silencio que podemos escoitar, falar; e é a través da calma que aprendemos a bailar as nosas verdades; e isto é cando a danza se volve pertinente.

O movemento e a danza é onde podemos movernos da verticalidade á horizontalidade, de arriba a abaixo e viceversa. O movemento e a danza poden crear e reorganizar o caos, ou non. É aquí onde somos capaces de crear as nosas propias realidades e momentos fugaces, efémeros, un tras outro. Momentos que nos poidan tocar e permanecer nos nosos recordos, para inspirarnos e cambiarnos a nós mesmas e aos demais para toda a vida. Ese é o poder da verdadeira expresión e polo tanto o poder da danza.

A danza é curación. A danza é onde a humanidade pode encontrarse.

Invito á xente a ir máis alá das fronteiras, máis alá da crise de identidade, máis alá do nacionalismo e máis alá dos marcos. Que nos liberemos desas limitacións e encontremos o movemento e o impulso nesa linguaxe universal. Invito a todas a bailar ao ritmo do seu corazón, a súa verdade interna porque é desde estes movementos internos, os que levan ás revolucións internas, onde ocorre o cambio real.

Karima Mansour: bailarina, coreógrafa e mestra exipcia

Precioso, verdade?

Que teñas unha feliz semana.

P. D. Si che gustou o texto, si tes ganas de experimentar, de urgar no teu interior, si queres buscar e bailar a túa autenticidade, eu podo axudarche. Fankasoo é o meu curso de verán no que aprendemos a conectarnos por medio da Danza Malinké, nun entorno priviliexiado como é a praia de Razo. Inscríbete na lista Fankasoo 2019 e así irei avisándote dos pormenores deste curso. Ademais só as persoas que están na lista gozan dun prezo reducido de Fankasoo.