
Lolo, un conto e un canto para curar feridas
Existe un fenómeno curioso na zona de Ribeira que están estudando os antropólogos e que ata o día de hoxe, inda non conseguiron resolver.
Hai un grupo de cativxs que curan as feridas non ó canto do Sana Sana Culito de Rana, senón que ó canto de Lolo, unha canción de Guinea Conakri.
Os antropólogos e antropólogas consideran que este fenómeno pode ser a peza clave para comprender que no ADN dos galegos e galegas haxa máis similitudes con África ca no sur da península…
Tamén hai sociólogxs estudando o tema. As súas hipóteses son dúas: ou ben chegaron a galiza Guineanos de Conakri como escravizados, traendo o Lolo con eles; ou ben é por influencia dos mariñeiros guineanos enrolados en barcos ribeiráns.
A nova non deixa de ser irrelevante para algunhas terapeutas polo efecto sanador do Lolo, que comparativamente ó do Sana Sana, non ten parangón.
Pero amigos e amigas lectoras e escoitantes, eu teño a resposta, polo menos sobre a orixe de tal fenómeno e debo dicir que tódalas hipóteses anteriores están erradas.
Queres que cho conte en audio? Tamén podes seguir lendo, pero no audio cántoche a canción!
Coñezo o fenómeno, pero non é por frikismo, é por ter de amiga a Bolbo.
Bolbo é amiga e compañeira de cantos e danzas en Perfusión. Sensible ca educación dxs cativos, aprendeu o Lolo e comezou a cantarllo as pequechas e pequechos nas aulas cando se mancaban, para de paso, sensibilizar e achegar outras culturas. E así, o fenómeno Lolo se vai espallando por Ribeira adiante!
Hoxe se queres, podes levalo a túa casa porque che vou ensinar esta canción tan bonita!
Lolo é unha canción que aparece no disco de Famoudou Konate “Rhythms and Songs from Guinea. Parece ser que é unha canción que utilizan coma utilizamos nós o Sana Sana e por iso Bolbo a incorporou ás súas aulas.
Lolo conta a historia da Nai Hawa que preocupada pola súa saúde acode ó menciñeiro para preguntarlle por ela. O menciñeiro consulta a súa estrela e dille á Nai Hawa que está de sorte, que a súa estrela está no ceo e que a súa vida será longa.
A letra do Lolo é a seguinte:
N’na Hawa, Lolo ye san ma; /naawa lolo yesanma/
Horoya le bö nin I nyè! /jorolla le boninñe/
Nai Hawa, a Estrela está no ceo,
O día da túa liberación chegou!
No audio, escoiarás a canción orixinal. Pretendía pasarche o canto orixinal pero non o atopei en ningún medio online.
Que teñas moi boa semana! E cántalle o Lolo ós teus cativos, seguro que lles encanta e sanan antes!
Próximas ocasións para bailar:
- Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.
Me encanta!! Gracias Tania 🙏
Gracias!