
Queres aprender a solta-lo corpo?
Queres aprender cómo crear unha pequena frase de danza?
Hoxe quero ensinarche dous exercicios para que poidas soltar o corpo e que poidas crear unha frase de
danza. Non importa o tipo de danza que controles e incluso non fai falla que controles ningún tipo de danza.
O primeiro é un exercicio para soltar pero con consciencia.
O segundo é case un exercicio de matemáticas, para crear unha frase de danza breve.
Ambos son moi faciliños!
Aquí podes ver o vídeo!
Exercicios para soltar deste tipo, individuais, por parellas e en grupo, serán os que faremos no próximo trimestre.
Haberá movementos de danza, por suposto, pero o obxectivo non é que eu che ensine unha córeo, senón buscar dentro
de nós, investigar co corpo e traballar dende a creatividade, dende o positivo, eliminando tódolos xuízos
negativos acerca de nós mesmxs.
Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!
Solicita a túa praza antes do 25 de marzo!
Estes son os grupos:
- Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
- Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns
Solicita a túa praza!
P. D. 2 Non deixes que túas limitacións te impidan alcanzar os teus soños! Ven a expandirte!
Deja tu comentario