Cargando eventos
Este evento pasou.

Ondas de África – Fankasoo –

Curso de verán de Danza Malinké

 

Imaxínate bailando na praia…

O cheiro a mar

O tacto da area nos pes

O murmullo das ondas

O sol do mes de xullo

A brisa mariña.

 

Que te podes esperar de Ondas de África – Fankasoo?

Conectarás contigo mesma, buscando a túa autenticidade; por medio da Danza Malinké.

Acompañarante un equipo de músicos que faran soar os tambores para que bailes e te expreses, para que cando esteamos na praia tamén as gaivotas poidan danzar.

Divertiraste, activaraste, despexarás a túa mente. Non pode ser doutro xeito cando o colofón deste curso é bailar na praia de Razo.

Aprenderás de forma ordenada e cariñosa, guiada e acompañada por min, que cho poño fácil para que comprendas a linguaxe da Danza Malinké.

INSCRÍBETE ANTES DO 11 DE XULLO

 

Aquí tes a información máis técnica:

DIRIXIDO A:

Persoas maiores de 12 anos. Non é necesaria experiencia en danza.

DATAS E HORARIOS:

Sábado 20 de xullo de 10:30h a 13:30h e de 17:30h a 19:30h.
Domingo 21 de xullo de 10:30h a 13:30h e de 17:30h a 19:30h.

LOCALIZACIÓNS:

Pola mañá: Carballo (lugar por concretar).
Pola tarde: praia de Razo.

PREZO:

100€ (10€/hora) ata o 11 de xullo

RESERVA:

Para reservar debes (1) cubrir o formulario e (2) facer un ingreso en conta bancaria.

Os datos da conta poderás atopalos no formulario.

DEVOLUCIÓNS:

Devolverémosche o ingreso íntegro si finalmente non podes vir, só si nos avisas antes do 11 de xullo.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As prazas están limitadas. Adxudicamos as prazas por orde de reserva (data do ingreso bancario).

BONUS EXTRA: Vídeo final ca coreografía aprendida.

Agora, xa podes facer a túa inscrición en Ondas de África – Fankasoo! Só ata o 11 de xullo.

 

Queres saber que opinan de Fankasoo?

Atoparás os testimonios si clicas aquí, ó final da páxina