Cargando eventos

 

 

Voltamos a Vimianzo!

Si é que estivemos máis a gusto que non precisamos moitas máis disculpas para voltar ó Furancho Deportivo!

Estaremos o sábado 14 de decembro, en horario de 17h a 18h, impartindo, unha vez máis, unha Masterclass de Danza Malinké gratuíta.

O que sí que precisamos son alumnas, así que necesitamos que veñas. Pero só si tes ganas de divertirte, de moverte un rato, de descubrir unha danza nova e de sentirte estupendamente ó rematar a xornada.

Esta Masterclass de Danza Malinké é gratis, pero debes reservar praza chamando a Victoria ó número 623 178 682.

 

Que precisas para disfrutar desta clase de danza?

  • Roupa cómoda para poder moverte e suar
  • Calcetíns antideslizantes, pois bailamos descalzas, pero se cadra sentes o chan frío
  • Auga para rehidratarte

Contaremos con percusión en directo, para que a experiencia sexa ó máis cercana a como bailan tradicionalmente no oeste de África.

Si queres saber máis sobre min, Tania Veiga, aquí tes máis información.

Nada máis, espero verte! Si tes dúbidas podes escribirme a info@danzataniaveiga.com e buscarei como resolvelas