Cargando eventos

 

Masterclass de Danza Malinké en Vimianzo

 

Estaremos impartindo unha masterclass de Danza Malinké o 26 de outubro de 2019 en Vimianzo, no Furancho Deportivo de Victoria!

É a primeira vez que impartimos un curso de danza por estas terras, así que, como queremos que todas disfrutedes de algo que seguramente sexa descoñecido, esta masterclass é de balde.

Poderás disfrutar con nós durante unha horiña, de 17h a 18h! E por suposto, levaremos percusión en directo.

A Danza Malinké é bastante descoñecida en Galicia, pero inda podemos atopala nas cidades grandes, de cando en vez.

En DanzaTaniaVeiga, queremos descentralizarnos e ruralizarnos, por eso nos encanta estar presentes alí onde normalmente, non hai moita actividade.

Si queres máis información sobre a Danza Malinké ou quen son eu, podes darte un paseo pola web, pero podo facerche un resumo:

A Danza Malinké é a danza tradicional de moitos pobos do oeste de África. Acompañan a estas danzas instrumentos musicais como o djembe e os dundúns.

Esta é unha danza moi aeróbica por iso nos permite poñernos en forma (cando a practicamos asiduamente), liberar estrés e despexar a nosa mente; ou sexa, mellorar a nosa saúde!

Estarei encantada de achegarche esta danza e os instrumentos que a acompañan o sábado 26 no Furancho Deportivo.

Inda que a masterclass é de balde, DEBES RESERVAR PRAZA chamando a Victoria ó 674616199.

Ven acompañada! Só precisas roupa cómoda e auga! Agardámoste no Furancho Deportivo