Cargando eventos

Masterclass gratuíta de Danza Malinké | 25 de abril

O Día Internacional da Danza é o 29 de abril. Incomprensiblemente, non podo estar en varios lugares ó mesmo tempo ;), así que terei que repartirme en distintos días, para estar con todas vós!

Daquela, na Coruña estarei o sábado 25 de abril, de 18h a 19h impartindo unha Masterclass aberta e gratuíta (insisto, quero estar con todas, con moitas!).

Estaremos en Danzalia Mundi, a academia de danza rexentada pola marabillosa Pilar, que sempre nos acolleu.

Que tes esperas dunha masterclass?

Entrar en contacto ca percusión e danzas malinkés, suar un mogollón e recargarte de enerxía.

Igual descubres unha nova forma de coidarte e de sentirte ben, que non require demasiado esforzo (si o fas porque che encanta, claro).

 

👉 Por favor, reserva a túa praza aquí! Menos dun minuto 😉

 

P. D. Recorda, sábado 25 de abril, de 18h a 19h, en Danzalia Mundi, Coruña. Difúndeo entre as amizades e non esquezas facer a túa inscrición!

Si queres saber máis sobre min, date un paseo por www.DanzaTaniaVeiga.com