Cargando eventos
Este evento pasou.

KARANG. Xornadas para aprender Danza e Percusión Malinkés

A A. C. Galinké xunto con DanzaTaniaVeiga, organizamos os días 14 e 15 de setembro unhas xornadas para que poidas achegarte á danza e percusión malinkés.

Estamos enamoradxs do que coñecemos e queremos compartilo! É importante para nós cambiar, inda que sexa un chisco, a visión que predomina sobre o continente africano.

É certo que hai guerras, enfermidades e hambrunas e é certo que hai que poñer o foco aquí.

Pero non é o único que hai no continente. Nin sequera é o que predomina.

Das veces que teño viaxado (estiven un mes en cada un destes tres países: Guinea Conakri, Gambia e Senegal) a convivencia foi normal, sen pasar por ningún percance extremo.

A danza e a música fan parte destes pobos e sen elas a vida, de seguro sería máis dura.

A túa vida (que seguro que non é un camiño de rosas), tamén pode ser máis levadeira si te achegas a esta cultura.

En Karang podes aprender, divertirte, coñecer á xente maja deste entorno, aproveitar para coñecer ós mestres que estarán impartindo as aulas regulares…

Ah, e que non se me olvide, tamén xantar con sabores africanos!!

INSCRÍBETE ANTES DO DÍA 5 DE SETEMBRO!!!

Aquí podes facelo fácilmente e máis tes toda a información que precisas.

 

PROGRAMA KARANG

Sábado 14 de setembro:

10:30h a 13:30h Danza Malinké I. Guinea Conakri. Tania Veiga, Sabela Fernández e músico por determinar

16:30h – 18:30h Percusión de nivel iniciación (Percusión I). Andrés Rivero

18:45h – 20:45h Percusión de nivel medio (Percusión II). Papis Seydi

 

Domingo 15 de setembro:

10:30h a 13:30h Danza Malinké II. Burkina Faso. Tania Veiga, Javier Pérez (Lobo) e Garban

16:30h – 19:30h Percusión para danza (Percusión III). David Bolaño

 

LOCALIZACIÓN:

Escola Vella do Castiñeiriño en Santiago de Compostela.

PREZOS:

Telos no formulario!