Cargando eventos
Este evento pasou.

Curso Intensivo de Danza Malinké | 25 maio

O sábado 25de maio, de 17h a 20h, na sede de Galinké (Escola Vella do Castiñeiriño, na rúa do Castiñeiriño, 21; Santiago); realizamos un curso intensivo de Danza Malinké para bailar a ritmo de Soko.

Antes de rematar o curso queremos dar a oportunidade, unha vez máis, ás persoas de Compos que debecedes por bailar!

Coma sempre, contaremos con percusión en directo, desta vez con músicos da Asociación Cultural Galinké.

Cal é a diferencia entre as clases regulares e un curso intensivo?

Jeje, pois entre outras cousas que che fago sudar máis. Ademais non da tempo a traballar tanto os detalles, pero vas entender ben tódolos movementos. Tamén se diferencia en que a enerxía que hai nos cursos intensivos é maior que nas clases regulares. Vamos, estupendo para adentrarte  neste mundo e soltar adrenalina!!

E coma sempre, buscamos que te divirtas, que goces da música, queremos que te sintas viva, que sudes a cañón pero cun sorriso na cara.

Achegaraste a unha parte do oeste de África quizais descoñecido para ti e estou segura de que aumentará o teu cariño por aquela rexión e aquelas xentes.

Si nunca fixeches un curso de danza con percusión en directo, tes que probar! Sorprenderaste!

Si tes algunha dúbida con este curso, podes escribirme a info@danzataniaveiga.com

Para inscribirte, escríbeme un mail a info@danzataniaveiga.com antes do venres 17 de maio!

As prazas son limitadas e adxudícanse por orde de inscrición.

Si queres ver en vídeo, algo desta enerxía da que che falo, podes clicar aquí!

 

Para máis información sobre o que é a Danza Malinké e sobre min, podes navegar pola web!

 

Algúns dos beneficios de participar nese intensivo:

  • Retrasarás o envellecemento (e non é palabrería, podes consultar este estudo).
  • Acelerarás o emBelecemento 🙂
  • Subirás escaleiras sen sofocarte.
  • Gañarás forza vital (como a de Songoku) para afrontar este mundo tan desgastante.
  • Liberarás estrés tras un duro día de traballo.
  • Recuperarás o bo humor; a túa familia estará encantada de que bailes!
  • zzzZZZ Gozarás dese soño profundo e reparador, porque terás a mente relaxada e sen exceso de enerxía.
  • A máis torpe da familia? Baixarás do podium.
  • Achegaraste a África dunha forma respetuosa e dende a admiración. Empaparaste de coñecemento Mandinga
  • Serás fonte de beleza, brilará o sol que hai en ti.

Requerimentos

  • NON é necesario que teñas coñecementos en danza tradicional africana nin en ningún outro tipo de danza.
  • NON é necesario que teñas unha forma física excelente.
  • SI é necesario que te comprometas con esta actividade, que confíes en min e na percusión.
  • SI é necesario que vaias sacando da túa cabeza frases como “eu non teño sentido do ritmo” ou “eu non valgo para esto” etc. Esas frases te limitan, ocupan un espacio que debería utilizarse para a práctica e SON MENTIRA.
  • SI é necesaria a perseverancia. O corpo aprende a base de repeticións. Igual os teus tempos son máis lentos do que che gustaría, pero ten paciencia contigo mesma.