Escultura Dogón, danza africana

Que relación hai entre a escultura africana e a danza?

Hoxe estou acompañada! Teño comigo unha escultura africana tallada en madeira da etnia Dogón.

Nunha cultura de tradición oral como foi a cultura do oeste de África, do Imperio Mandinga, as manifestacións artísticas como a música que recolle as lendas gracias ós griots, as pinturas, gravados ou esculturas; son realmente libros que aportan coñecemento sobre o pasado destes pobos.

Por que podemos aprender sobre a danza africana, analizando unha escultura africana?

As esculturas representan, como mínimo, unha estética que tamén se ve reflexada na danza, buscando a beleza ou achegarse ós ideais necesarios para contentar ós deuses. Por aquí van os tiros de como nos poden ensinar as esculturas sobre a danza.

Prefiro non desvelarche moito, porque primeiro quero as túas impresións, sin a miña influencia.

As primeiras impresións son moi valiosas e inda que penses que non tes ollo para estas cousas (eu non son experta nesto, pero sí que me divirte) estou segura de que algo dela che chamará a atención e que seguro que é un aspecto relevante. Seguro que a ti esta escultura xa che está ensinando algo de boas a primeiras.

E mira, de paso que aprendemos algo máis sobre a danza, tamén sobre a escultura. Xenial, non?

Déixote aquí co vídeo!

Que teñas unha feliz semana!

P. D. Inda non formas parte da comunidade de revitalizadxs gracias á danza africana?

Si queres recibir no teu mail consellos, exercicios e curiosidades sobre a danza do oeste de África, para comezar a empaparte desta cultura e a mellorar a túa saúde; accede a DanzaTaniaVeiga.com/recursos e descárgate o que máis che guste (unha clase online, cinco movementos básicos…).

A partir dese momento, xa serás parte da comunidade! Hai cousiñas que só comparto por mail.