Catro diferencias entre a Danza Malinké e as danzas de Benin

4 diferencias entre a Danza Malinké e as danzas de Benin

Aproveito o aprendido con Vincent Harisdo para transmitircho a ti tamén.

Vincent Harisdo (para saber máis sobre el, podes clicar aquí) é un beninés xa maduro, mestre, artista, bailarín e coreógrafo que reside en Europa.

Vincent, ademais de coñecer as danzas da súa cultura (para que te ubiques, de Benin procede o Vudú e a cultura Yoruba), e doutros países africanos, coñece tamén o mundo da Danza Contemporánea e as grandes referencias neste eido.

Por iso, teño idea de que a concepción da Danza de Vincent é fina.

As comparacións son odiosas, sempre e cando teñas que elexir cal é mellor (e tamén porque case sempre son inxustas), pero neste caso a comparación axúdame a definir. Explícome.

Ás veces definir unha cultura é complicado e axuda observar outras culturas porque a través da diferencia, acabas por encontrar as particularidades desa cultura. É algo así como tratar de identificarse ou coñecerse a partir do que non eres.

Pois vouche falar de diferenzas que hai entre as danzas de Benin e as Malinkés, para que así teñamos máis claro a que nos referimos con Danza Malinké.

1. Territorio

Falando de danzas de Benin, pois é doado acotar (inda que seguro que este termo non é exacto, porque as fronteiras non responden a territorios étnicos e seguro que danzas que atopamos en Benin se comparten con outros países).

Porén, Danza Malinké xa é un termo que non fai referencia a un país. Fai referencia a un territorio no oeste de África que estivo baixo o infuxo do imperio Malinké alá polo século XIII e que deixou en herdanza a cultura do djembe.

2. Instrumentos musicais

Descoñezo o abanico completo de instrumentos utilizados en ambas rexións, pero o que si sei é que en Benin non se baila co djembe de forma tradicional.

Sin embargo, para min o djembe é unha seña de identidade á hora de falar de Danza Malinké (ollo que calqueira día aprendo algo novo e cambio de opinión eh)

3. Significado dos ritmos

En Benin os ritmos están vinculados a cerimonias relixiosas. Báilase por un motivo. O nome do baile/ritmo é o nome da cerimonia ou se non da rexión onde se practica.

Si estás nalgún país que engloba a rexión Malinké, poderás ver á xente bailar por facer festa, bailar porque apetece.

Non é necesario ter un motivo para bailar. É certo que hai danzas e ritmos que son sagrados e que teñen un significado. O que acontece é que xa non é necesario estar no contexto xx para bailalos.

O nome dos ritmos non fala do seu significado, senón que son as etnias con máis representación as que van bautizando os seus ritmos. Supoño que por iso, un mesmo ritmo pode ter distintos nomes segundo a rexión…

4. Relacionado co anterior, xa que os ritmos en Benin teñen un significado, aprender as danzas pasa por representar certa acción, cada un/unha cos seus sentimentos e personalidade.

Coido que calquera danza se pode abordar desta forma, pero en Benin é máis doado, xa é intrínseco.

Sen embargo, na Danza Malinké, eu ata o de agora non atopei a ninguén que me explicara toda unha coreografía dende o significado dos movementos. Ou sexa, que aprendes os movementos e logo ti podes darlles o teu significado.

P. D. Si tes ganas de vir ás Aulas Regulares, inscríbete na lista de aviso preferente, para enterarte de cando abro o prazo de inscrición. As prazas voan! Aquí podes deixarnos o teu mail.