
Por primeira vez, adentrámonos nas danzas de Burkina Faso. Queres vir?
Ola! Hoxe adentrámonos nas danzas de Burkina Faso e seguimos dentro do territorio Malinké.
Ou eso creo…
Burkina Faso é unha viaxe pendiente pra min e devezo por ir!!
Teño escoitado cousa boa deste país, sobre todo en relación ás persoas.
Nalgúns países como en Gambia e Conkari, ás veces é difícil lidar ca xente. Máis que nada, parece que eres un billete de 20€ camiñando pola rúa e moitas persoas se achegan, claro…
A min gústame bastante poder andar tranquila e esto agóbiame un chisco. Non me ten pasado sempre, en tódolos contextos, pero sí que foi frecuente nesas viaxes.
E aparentemente, Burkina non se caracteriza por este mal.
Pra min ten o aliciente de que non coñezo o país e de que as danzas e ritmos que chegaron ata min de aquí, non os tiña escoitado nin bailado antes.
Creo que utilizan djembes e dundúns (terei a certeza cando viaxe alí), por eso considero que inda está dentro da rexión Malinké.
Inda que non teño viaxado a Burkina, sí que fixen un intensivo cun burkinabé que reside en Italia (Regi, Noumoutie Ouattara) e tiven ocasión de adentrarme nas danzas de Burkina Faso. Naquel curso traballamos o ritmo Bobodón que é o que quero ensinar nas xornadas que organiza a A. C. Galinké, Karang.
Así que nada, sen máis demora, imos bailar un pouco. Desta vez ensínoche un par de movementos de Bobodón.
Dalle o play e a bailar un ratín!
Para gozar destas danzas e aprenderte unhas córeos completas de Kassa ou de Bobodón, podes inscribirte nos cursos de Danza que farei nas xornadas Karang, o 14 e 15 de setembro en Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS ATA O 5 DE SETEMBRO
Aquí tes o formulario onde atoparás toda a información.
Eu xa me despido, déixoche embaixo o programa completo.
Feliz semana! Espero verte pronto!

PROGRAMA KARANG
Sábado 14 de setembro:
10:30h a 13:30h Danza Malinké I. Guinea Conakri. Tania Veiga, Sabela Fernández e músico por determinar.
16:30h – 18:30h Percusión de nivel iniciación (Percusión I). Andrés Rivero
18:45h – 20:45h Percusión de nivel medio (Percusión II). Papis Seydi
Domingo 15 de setembro
10:30h a 13:30h Danza Malinké II. Burkina Faso. Tania Veiga, Javier Pérez (Lobo) e Garban
16:30h – 19:30h Percusión para danza (Percusión III). David Bolaño
LOCALIZACIÓN:
Escola Vella do Castiñeiriño en Santiago de Compostela.
PREZOS:
Deja tu comentario