Cres que eres torpe por condición

Cres que eres torpe por condición?

A influencia do teu entorno.

Quizais esteas preocupadx pola túa coordinación ou falta dela. Quizais te definas como unha persoa torpe, descoordinada, arrítmica, patosa…

E quizais o sexas; si, quizais sexas torpe por condición; é dicir que non hai que facerlle.

Xa sabes que eu teño sempre certas dúbidas con esto xa que á torpeza só lle encontro falta de práctica (por certo, se queres practicar, o sábado 26 de xaneiro estaremos en Coruña, ó final do post tes máis info).

Nun post xa che expliquei dende un punto de vista histórico, porque non sabemos bailar e non bailamos con frecuencia aquí en Europa.  “Sabes porque realmente non sabemos bailar”.

Hoxe veño a explicarche a importancia do medio externo na túa vida diaria, á hora de ter máis ou menos destrezas para bailar. E vouno facer collendo exemplos dun libro que versa sobre a danza, dun autor africano. Entenderás perfectamente a miña perspectiva.

Xa teño mencionado como a min, por exemplo me axudou facer o “pollo loco” cando era pequecha xogando cas miñas primas.

Aphonse Tierou, posúe un capítulo no libro “Doople, lei eterna da danza africana” chamado A inluencia do medio natural.

Aphonse Tierou explica, por exemplo:

As persoas que viven na montaña, están rodeadas por colinas e rochas, o espazo é reducido para moverse. Por iso, seu camiñar é prudente.

Son gandeiros de cabras, ovellas ou outros animais áxiles para poder pastar neste medio. Por isto tamén seu camiñar ademais de prudente e viva, para poder saltar entre as rochas.

Como non teñen moito espazo as súas danzas son vivas, permanecen no seu sitio e danzan na altura. Os saltos abondan.

No vídeo fáloche de máis exemplos.

Entendes como tanto o traballo que teñas agora, como os xogos que fixeras de pequena, inflúen na túa coordinación, axilidade e no teu sentido do ritmo?

Entendes que NON eres torpe por condición?

Só me gustaría que tras esta reflexión te deas outra chance. Quizais non recibiches unha educación en favor da axilidade e quizais non necesitaches desarrollar capacidades deste tipo para realizar o teu traballo.

Pero sempre pode mellorar, buscando actividades que xoguen a favor. A danza africana pódeche axudar, sen dúbida!

Curso intensivo de danza africana 26 de xaneiro Coruna

Queres comezar o 2019 con enerxía renovada? Ven gozar da danza africana, poderás por fin coidarte dunha forma divertida e completa (corpo, mente e espíritu).

O día 26 de xaneiro estaremos en Danzalia Mundi (Coruña), desta vez cun horario diferente, de 17h a 20h.

Non sabes onde está Danzalia?,pois aquí!

RESERVAS ATA O 18 DE XANEIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!

Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.

É importante que deas o paso que te levará a vivir plenamente, cun corpo en forma, unha mente áxil e un espíritu alegre.

Utilizo a sabedoría popular do oeste de África reflexada na danza para sentirme mellor comigo mesma e este é o propósito último deste curso, que te sintas estupendamente!

Quero reservar praza no intensivo do 26 de xaneiro!