
Controlas teus pés?
A forma na que colocamos o pé e pisamos é moi importante na danza africana porque esta será a nosa base e repercute no resto do movemento.
Controlas teus pés?
É normal que si estás comezando che pase desapercibido se pisas co pé enteiro, si marcas ca punta ou incluso si o que marca é o talón.
Incluso quizais vexas estas diferencias, pero non lle deas importancia.
A danza con base na tradición do oeste de África posúe unha técnica coidada. Pode non parecelo debido a que ca rapidez ca que bailan xs bailarínxs mellor calificadxs todo parece descontrolado. Pero non é así.
Inda máis ben ó contrario: sen técnica non se chegaría a tanta velocidade.
Por iso que si é talón, é talón. Si é media punta, é media punta.
E claro, como non estamos habituadxs a facerlle caso ós pés, ás veces nin sequera conseguimos mandar a orde e que nos faga caso á primeira.
Hoxe ensínoche diferentes formas de pisar, para que controles teus pés e teñas unha boa base.
Como xa sabes, tómao como un xogo e ten paciencia.
Hoxe vai só de pés, pero proba. Quizais penses que é unha chorrada e te sorprendes.
Si o exercicio che resulta moi fácil, estupendo!
Feliz semana!
P. D. Podes practicar esto de moitas formas, mentras paseas ou cando estás sentadx na oficina!
Deja tu comentario