
Coñeces o ritmo Tiriba?
Quero facerche unha pregunta: aconteceuche algunha vez que durante unha época (días, semanas, meses) tiñas un pensamento recurrente? Ese pensamento podía ser unha cor, unha música, unha paisaxe, un país?
Nesta primavera, a miña cabeza comezou a pensar no Fankasoo o curso de verán que realizo en xullo. É de seguro o curso máis inspiracional dos que fago, no que lle dou máis cabida á intuición que á lóxica.
O mar estaba sempre presente.
Supoño que é normal porque en Fankasoo bailamos na praia… Pero o ano pasado non estaba tan presente.
E ademais recoñezo era un mar que me levaba a querer sumerxirme e perderme coma si fose un peixiño ou unha tartaruga.
A sorte de traballar no mundo das artes, é que lle podes dar renda solta ás túas obsesións nas creacións.
Ollo é que calquera pode integrar estas obsesións para crear algo (bailar, musiquear, pintar, fotografiar…)
Por iso este ano, no curso Fankasoo o mar vai estar moi presente.
Fankasoo terá por suposto base na Danza Malinké, pero iremos máis aló dos movementos e xogaremos para afondar no noso interior.
Ó traballar dende a base da linguaxe Malinké, preciso un ritmo e o ritmo que escollín foi Tiriba!
Coñeces o ritmo Tiriba?
Tiriba ou triba é o mesmo.
Tiriba surxiu da etnia Landouma que habita as costas de Conakri. Por isto mesmo, algunhas referencias din que é un ritmo de pescadores.
Aquí está o mar! E con nós estará o mar que tanta forza ten na costa que me queda perto da casa (Razo – Baldaio).
Un dos cantos que teño escoitado de Tiriba, fala da choiva:
Djoliba tune a madima wunde nanma
Yalamba djoliba foriye kha n’khaniba
Djoliba mayala
Djoliba, djoliba foriye kha n’khanima
As choivas acechan, caerán trombas de auga
Que veñan os sabios de Djoliba a salvagardarme delas
Como te imaxinas unha danza de mariñeiros? Ou para os mariñeiros?
Pois si, neste caso hai algo de danza “realista” é dicir hai movementos que nos poden recordar ás labores relacionadas ca pesca como tirar e recoller as redes. Pero tamén hai outra forma de buscar un vínculo cos movementos de Tiriba e este significado posible.
As persoas que traballan no mar, teñen un equilibrio moi bo, teñen os seus movementos limitados a un área específica. Normalmente non dan saltos (pensa na diferencia de movementos que fan con respecto a un cazador no medio dun bosque).
Este pescador, adquiriu no seu corpo certas destrezas, xestos, movementos debido á labor que realiza. Á hora de bailar, o máis natural é que estas aptitudes estean incorporadas na súa danza.
Agora ben, cando ti bailas tiriba, os movementos collen o teu significado. Non podemos adquirir o significado do tradicional, porque aquela non é a nosa cultura.
E é aquí que a danza nos permite afondar en nós mesmxs, utilizar os recursos que temos para re-coñecernos. O meu traballo en Fankasoo será guiarte e acompañarte.
Que ganas teño, realmente!
Que teñas unha feliz semana!
P. D. Si queres afondar máis no ritmo Tiriba, si sentes curiosidade por como será bailar o MAR, si precisas viaxar ó teu interior, anótate na lista de aviso preferente para coñecer todos os pormenores de Fankasoo. Ademais só as persoas que están na lista gozan dun prezo reducido de Fankasoo.
Leave A Comment