O meu grao de area para sobrelevar as medidas Coronavirus

Tes acceso gratuíto a 5 clases online  + 2 Bonus Extra

Eu non levo ben quedar na casa sen estar ocupada. Plantexarme días enteiros de pouco máis que sofá non entra dentro das miñas previsións e mesmo sei que non me sentaría ben. Inda que estivera lendo ou vendo pelis, o corpo resentiríaseme.

Por iso poño á túa disposición o material que teño online do curso Boron: 5 Leccións + Bonus Extra Quentamento + Bonus Extra Alongamento.

Con esto poderás moverte un rato e manter a mente ocupada. Axudarache a ter as defensas máis fortes!

O que comparto contigo forma parte de Boron, un curso semipresencial que preparei o ano pasado. Este curso ó completo posúe as cinco leccións online + unha sesión presencial. A sesión presencial e todo o referido a ela terás que obvialo.

Considera que é un material que che proporciono de urxencia, que non está gravado nestes días nin para este contexto, vale?

Tes material abondo para máis de dúas semanas. Conta con que o que che ensino, aprendémolo en casi tres meses nas aulas regulares.

Que te divirtas!

P. D. Estarei encantada si queres compartir este rato de danza ca túa familia ou a quen poidas ter por compañía. Si queres recomendalo, tamén cho agradezo, este é o enlace para que poidan acceder: www.DanzaTaniaVeiga.com/boron .

BORON é un Curso Semipresencial de Danza Malinké

Que significa Semipresencial? Que posúe unha primeira parte online e unha segunda parte offline.

Cas leccións online, poderás aprender os movementos na túa casa cando queiras e ó teu ritmo. Unha vez que esteas familiarizada cos movementos chega a parte offline que consiste nunha sesión presencial intensiva de tres horas.

Este é un curso deseñado para ti si precisas cada semana un ratiño para ti mesma, para romper co runrún do cotiá, para coidarte divertíndote; pero non podes participar das aulas presenciais.

Pensado para ti tamén si eres perfeccionista, porque nas leccións online explícoche os movementos con detalle, para que poidas ir asimilándoos fácilmente. Poderás repasar os vídeos tantas veces como queiras!

Queres máis detalles sobre Boron?

Por que Boron ten unha parte online?

Porque quero dar solución á túa casuísta:

  • Non sufrirás a vergoña porque poderás estar na túa casa.
  •  Fágocho doado: ensínoche os movementos con detalle, desmenuzados e aumentando capas de dificultade. Poderás pausar o vídeo e recomezar tantas veces como necesites, ata que o movemento estea no teu corpo.
  •  Adáptalo ós teus horarios.
  •  Si ti, non podes vir ás clases, son eu a que irá á túa casa!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Por que Boron consta tamén dunha sesión presencial?

Necesitas sentir o baile ca percusión en directo!

Este será o momento máis liberador cando sintas a adrenalina, cando saibas que eres fonte de beleza e que ca práctica conseguimos romper os muros da descoordinación, torpeza ou vergoña.

A sesión presencial será en Santiago de Compostela o sábado 25 de maio de 17h a 20h. Podes axendar xa mesmo e aproveitar a ocasión para facer turismo por Compos. Non sabes a de lugares que coñecín gracias ós cursos de danza!

Que garantías tes de que teño unha boa didáctica?

Os movementos e a coreografía que aprenderás, son movementos que teño ensinado xa, por iso sei cales son os erros máis frecuentes, os movementos que nos resultan máis doados e os que son máis difíciles. Gracias a isto podo anticiparme ó que che poderá acontecer e aconsellarche, mesmo si só estou virtualmente contigo.

Da ciencia (son doutora en Bioloxía) aprendín un pensamento lóxico e analítico que me acompaña na danza: permíteme simplificar movementos que serían indescifrables na súa totalidade. Éstas son ferramentas útiles pra ensinar: aprenderás primeiro a base e iremos engadindo capas ata posuír o movemento completo.

Pero ollo, chega un momento no que hai que deixar de lado a nosa mente analítica, porque bailar, o que é realmente bailar, isto sae do corazón, das entrañas. De que te entregues encárgome no intensivo!

Que beneficios conseguirás con Boron?

  • Comezarás a poñerte en forma, sen renunciar á diversión.
  •  Recargarás pilas.
  •  Gañarás en saúde mental: liberas estrés, gañas calma interior…
  •  Sentirás que eres fonte de beleza, que hai un sol dentro de ti que debe brilar.
  •  Achegaraste a unha parte da cultura do oeste de África dende o respecto e a admiración.
  •  Coñecerás a unha comunidade incrible de persoas, tanto músicxs como bailarinxs. Porque as persoas que se achegan a este mundo, créeme, son estupendas!
  •  Gañarás en coordinación, control e consciencia corporais.
  •  Gañarás en sentido do ritmo.

Que necesitas para realizar Boron?

  • Aproximadamente unha hora semanal (inda que podes facer doblete e triplete) durante 5 semanas.
  • Un espazo o suficientemente amplo como para abrir brazos e non chocar e desplazarte cara os lados.
  • Vir a Compos o sábado 25 de maio en horario de 17h a 20h.

De que consta o curso?

  •  Vídeo 1 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 2 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 3 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 4 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 5 + folla de exercicios.
  •  Sesión presencial intensiva con percusión en directo en Santiago de Compostela, sábado 25 de maio de 17h a 20h.

Máis todos estes regalos:

  •  Bonus extra 1: tres audios co ritmo sobre o que imos traballar con tres velocidades diferentes para que elixas según a caña que precises ó practicar.
  •  Bonus extra 2: rutina para o quentamento.
  •  Bonus extra 3: rutina para o alongamento.
  •  Bonus extra 4: vídeo final ca coreografía completa.
  •  Bonus extra 5: este Bonus é opcional. Non che desvelo moito agora, só que saibas que si queres poderías convertirte nunha verdadeira estrela! Aí cho deixo caer!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Queres saber o prezo de Boron?

Que valor ten para ti recibir na túa casa o equivalente a 3 meses de clases regulares +  un intensivo de 3h?

En cinco vídeos ensínoche o mesmo que ensino en tres meses de clases regulares, porque claro, en clase voltamos sobre os movementos novos, pero cos vídeos non ten sentido que realice dous vídeos co mesmo contido 😉

Escríbeme a info@danzataniaveiga.com para saber o prezo, porque este curso ten un prezo reducido, menor que trimestre de clases regulares + intensivo de 3h.

Ademáis, as 15 primeiras inscricións gozarán do 25% de desconto.