
Bailemos como animais!
Os ritmos que se tocan na zona malinké (oeste de África) teñen os seus significados e tradicionalmente son tocados en contextos particulares. A danza que acompaña estes ritmos dótase tamén de significado.
Unha das fontes de inspiración é a natureza, os animais.
Pero coidado con pensar que por inspirarse en animais, a danza vai ser burda, infantil, tosca… Esto foi o que pensaron os colonizadores cando estiveron por aquelas terras, por ter eles un ollo clínico pouco refinado.
Considera que a danza é un medio para comunicarse co divino.
O/A bailarín/a funciona como unha especie de vector que comunica o mundo terrenal, o que podemos observar; co mundo do divino.
Cando aparecen animais en escena, suelen ser animais sagrados. A transformación do bailarín é profunda, coidada e respetuosa, lonxe de ser burda e infantiloide.
No vídeo de hoxe ensínoche tres movementos que me gustaría que fixeras ti tamén para que bailemos como animais!
O exercicio non queda só en imitarme a min, invítote tamén a que contemples o teu entorno e te transformas. Sempre é intersante buscar no corpo novas formas de movernos e o noso entorno natural pode axudarnos.
Espero que te divirtas!
Por certo, o sábado 11 de maio volvemos a Danzalia Mundi (Coruña) cun intensivo de 3h: 17h a 20h.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 3 de maio.
Deja tu comentario