Antes e despois de sete clases facemos un experimento e comparamos a evolución na danza

Antes vs. despois de sete clases

Hoxe teño que ensinarche algo que polo menos a min me parece sorprendente: a evolución antes vs. despois de sete clases.

Pero antes, vou volver insistir:

En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza!

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • [Grupo novo] Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Retomo…

Este curso comezou cun experimento.

O primeiro día de clase, tras presentarnos, coñecernos e quentar fixen un experimento (con cada grupo o mesmo experimento). 

Cal foi o experimento?

Sin explicación algunha bailamos unha secuencia de movementos; é dicir, o que eu lle chamo unha frase de danza. Repito, sen explicación algunha.

A verdade é que tiña medo de que saíran escapando de clase, porque xustamente esto é o que NON acontece en clase. O meu método pasa por explicar os movementos con detalle.

Cal foi o motivo para facer o experimento?

Inda que vexo ás alumnxs avanzar, esta é unha percepción subxectiva. Precisaba un método para poder facer o seguimento máis obxectivamente.

Decidín facer este antes vs. despois para testar dunha forma algo máis obxectiva estes avances. Así que sete semanas despois repetimos a frase de danza. 

O día que gravei o despois, eramos as que eramos e foi sen previo aviso.

Non che ensino o resultado de tódalas clases. Escollín o único grupo de nova creación, no que non hai alumnas experimentadas: son as alumnas do Casino 1889 de Carballo (e así ensínoche o espazo que é chulísimo!).

Realmente o cambio é notable, pero ata non se ve a evolución completa. Porque en clase traballamos máis que eses movementos: hai unha superación persoal, hai descubrimentos de índole máis íntima e persoal, e moitas destrezas que non se ven reflexadas nunha frase de danza. Evolucionamos espiritualmente, psicoloxicamente e físicamente…

Aquí tes o resultado. Non sei ti, pero eu estou impresionada.

Gracias a tódolxs alumnxs que confiástedes en min! E gracias tamén por deixarvos gravar e compartir as vosas enerxías!

Si tes algún comentario, podes deixalo embaixo!

P. D. Si queres, ti tamén podes transformarte e comezar a bailar, controlar teu corpo e sentirte moi moi a gusto!

En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • [Grupo novo] Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!