Termos de uso2018-04-23T18:01:36+00:00

TERMOS DE USO

Neste apartado poderás saber quen é o dono desta páxina web, como podes utilizala e que responsabilidades asumimos

1. Propiedade intelectual e industrial:

Tania Veiga Blanco (35478299V) é a titular de Danza Tania Veiga (r/Combe, 20, 36611), empresa propietaria de www.danzataniaveiga.com, www.danzataniaveiga.es e www.taniaveiga.es; e máis os subdominios e directorios incluídos nas mesmas (daquí en adiante denominadas como “Web” ou “sitio Web”

Podes comunicarte con nós a través do correo electrónico: info@danzataniaveiga.com

A Web foi creada por Danza Tania Veiga para publicar os seus servizos e facilitar a contratación electrónica dos mesmos. Tódolos contidos xenerados, incluíndo o material audiovisual é propiedade de Danza Tania Veiga ou posúe unha licencia que a capacita para o uso.

Cando contratas un servizo, a información que che facilita Danza Tania Veiga é para o teu uso persoal e intransferible. Tes prohibida a súa venta, distribución ou posta a disposición de tal información e por calquera medio. Comprométeste a respectar os dereitos exclusivos de propiedade intelectual, absténdote tamén de manipular a información ou calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade de Danza Tania Veiga

Si permites que un terceiro teña acceso á información á que solo debes ter ti acceso, poderemos proceder a suspender o servizo sen devolverche os importes satisfeitos e sen perxuízo do dereito de Danza Tania Veiga a exercitar as accións legais oportunas.

Si realizas as accións prohibidas indicadas, estarás vulnerando os nosos dereitos exclusivos de propiedade intelectual ou industrial de Danza Tania Veiga.

2. Como podes utilizar esta Web

Acceder á web implica que eres maior de idade e estar facultado da capacidade legal requirida para vincularte ós termos e condicións que se poñen á túa disposición, e que o fas baixo a túa única e exclusiva responsabilidade. Si non estás dacordo co contido dos presentes termos de uso, debes abandonar a Web.

Como usuarix, eres o único e exclusivo responsable de que os datos que facilites a Danza Tania Veiga estén actualizados, completos e que sexan exactos e veraces. Danza Tania Veiga en ningún caso será responsable polo incumprimento de tales requisitos con respecto ós datos que nos proporciones.

Unha vez cumpres os requisitos citados, o teu acceso é libre e gratuíto para que poidas informarte dos nosos servizos.

Con todo, debes facer un uso axeitados en canto a moral, orde pública, boas costumes, legalidade vixente. Non podes danar á titular da Web nin a ningún terceiro. Comprométeste a non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do sitio Web, dos seus provedores ou terceiras persoas. Tampouco podes introducir ou difundir virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico susceptible de provocar os danos mencionados.

Vamos, que te comportes dun xeito razoable e non queiras facer dano.

Si queres acceder ó contido gratuíto que ofrecemos, debes rexistrarte utilizando os formularios. Debes ler e aceptar a política de privacidade mediante o marcado da casilla correspondente.

Si o que queres é acceder ó contido non gratuíto, ademais de rexistrarte debes contratar os nosos servizos. Poremos á túa disposición as condicións de contratación, dunha forma clara, veraz, comprensible, inequívoca e racional; antes de que nos contrates e deberás aceptar estas condicións.

Naqueles espazos da Web nos que podes participar, faino con respecto e consideración. Eliminaremos calqueira contido machista, violento, xenófobo ou ilícito.

Danza Tania Veiga resérvase o dereito de retirar os comentarios impertinentes.

En calqueira caso, Danza Tania Veiga non será responsable das opinións emitidas polxs usuarixs a través dos foros, chats, blog ou outras ferramentas de participación que poidan crearse, salvo no expresamente previsto pola normativa de aplicación.

Podes en todo momento contactar con Danza Tania Veiga para resolver as túas dúbidas sobre os nosos servizos a través dos formularios dispostos para tal fin, facilitando os datos que se solicitan, e unha vez que leras a política de privacidade (coma o marcado dunha casilla); deberás pulsar o botón correspondente para o envío dos teus datos de contacto e solicitude de información.

3. Sobre responsabilidades:

Danza Tania Veiga non pode garantir o funcionamento óptimo da Web, pero comprométese a resolver os inconvenientes o antes posible.

Si os arquivos que quedan almacenados no teu sistema, teñen virus consecuencia da presenza no terminal que utilices ou debido ó uso de versións non actualizadas do navegador, non nos podemos facer responsables. Dende logo o material que producimos está libre de virus.

Si queres enlazar unha páxina de Danza Tania Veiga a outro portal ten en conta que:

– Non podes reproducir nin parcial nin totalmente ningún dos servizos, contidos ou multimedia da nosa propiedade, salvo autorización previa por escrito.

– Non podes realizar manifestacións falsas ou incorrectas sobre a Web, os servizos ou contidos da mesma. Salvo os símbolos que aparecen no link, non inclúas ningún outro material propiedade de Danza Tania Veiga salvo autorización previa por escrito.

– Poñer un enlace non implica a existencia de relación algunha entre Danza Tania Veiga e o titular da web ou portal dende o cal se enlaza.

– O establecemento dun enlace tampouco implica o coñecemento e aceptación por parte de Danza Tania Veiga dos servizos e contidos ofrecidos na web ou portal dende o cal se enlaza.

Danza Tania Veiga pode poñer enlaces a outras web xestionadas e controladas por terceiros para facilitar a procura de información en Internet. Non podes considerar en ningún caso que comercializa, dirixe ou fai propios os contidos ou servizos das webs linkadas. Por iso, non asumimos ningún tipo de responsabilidade sobre os servizos e contidos das páxinas linkadas.

Si incumples algún dos termos de uso aquí presentes, Danza Tania Veiga, sen necesidade de preaviso, podemos eliminarte da lista de suscriptores, cancelar un servizo ou limitar o acceso ó sitio Web.

Danza Tania Veiga pode modificar os presentes termos, publicándoos debidamente e estarán vixentes ata que sexan modificados e publicados debidamente.

Por suposto, os termos de uso de Danza Tania Veiga ríxense pola lexislación española.